De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade á seguinte encomenda de xestión:
1. Resolución do 13 de abril de 2026, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) a prestación do servizo de revisión e avaliación dos traballos técnicos presentados no marco dos PPeC das organizacións de Produtores Pesqueiros do ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, así como a revisión dos devanditos plans de cara á avaliación das porcentaxes máximas de intensidade de axuda específicas no ámbito do FEMPA. Edición 2026.
– Actividade: a realización pola Fundación CETMAR das accións para dar o servizo de revisión e avaliación dos traballos técnicos presentados no marco dos PPeC das Organizacións de Produtores Pesqueiros do ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, así como a revisión dos devanditos plans de cara á avaliación das porcentaxes máximas de intensidade de axuda específicas no ámbito do FEMPA.
– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
– Prazo de vixencia: desde o 15 de abril de 2026 ata o 31 de agosto de 2026.
– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026, aplicación orzamentaria 16.02.723A.640.1, con código de proxecto 2023 00193. Cofinanciada polo FEMPA nun 70 %.
Santiago de Compostela, 20 de abril de 2026
Marta Barreiro Castro
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar
