BDNS (Identif.): 901006.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/901006
Primeiro. Persoas beneficiarias
1. Poderán participar nesta fase autonómica todos aqueles equipos constituídos por cinco alumnos ou alumnas que cursen estudios de 5º ou 6º de educación primaria ou de 1º, 2º, 3º ou 4º de educación secundaria obrigatoria ou formación profesional básica en calquera centro público, concertado ou privado da Comunidade Autónoma de Galicia.
2. No caso dos colexios rurais agrupados (CRA) e as escolas unitarias que, polas súas especiais circunstancias xeográficas ou demográficas, teñan dificultades para conformar os equipos unicamente con alumnado de 5º e 6º cursos de educación primaria, poderán completar os ditos equipos con alumnado doutros cursos de educación primaria.
Segundo. Obxecto
Convocar e regular a fase autonómica do concurso do curso escolar 2025/26 Consumópolis-21 sobre consumo responsable e calidade de vida, que leva por título: Á hora de consumir, que non te domine o “click” (código de procedemento IN114A).
Terceiro. Bases reguladoras
Resolución do 16 de abril de 2026 pola que se convoca a fase autonómica do concurso sobre consumo responsable e calidade de vida: Consumópolis-21: Á hora de consumir, que non te domine o “click” (código de procedemento IN114A).
Cuarto. Importe
Concederanse tres premios de 1.000, 600 e 300 euros para os traballos clasificados respectivamente en primeiro, segundo e terceiro lugar por cada unha das categorías de participación.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación das solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 5 de maio de 2026.
Santiago de Compostela, 16 de abril de 2026
Gabriel Alén Castro
Director do Instituto Galego do Consumo e da Competencia
