DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Luns, 27 de abril de 2026 Páx. 25458

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 27 de marzo de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos ditados nos procedementos BS650A e BS650G (expediente 150079108 e tres máis).

En virtude do disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación dos requirimentos de documentación no último domicilio coñecido das persoas interesadas sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio notifícanse os ditos requirimentos ditados nos procedementos competencia deste departamento territorial ás persoas citadas nos anexos, emprazándoas para que no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte á data da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, comparezan persoalmente ou debidamente representadas no Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da Coruña, Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (rúa Gregorio Hernández, nº 2-4, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, para ter coñecemento íntegro do contido dos ditos requirimentos. Transcorrido o prazo, de non facelo, teranse por practicadas as notificacións ao vencemento do dito prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, se ben as notificacións quedarán supeditadas a súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que, por ser a documentación requirida imprescindible para continuar co procedemento, no caso de non presentala por causas imputables á persoa interesada no prazo que se indique no requirimento unha vez notificado tras a comparecencia, procederá a suspensión de conformidade co establecido no artigo 16.2 do Real Decreto 357/1991, do 15 de marzo, polo que se desenvolve, en materia de pensións non contributivas, e o Real decreto lexislativo 8/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei da Seguridade Social.

A Coruña, 27 de marzo de 2026

María Blanco Aller
Directora territorial da Coruña

ANEXO I

Procedemento BS650A

Nº de expediente

Persoa interesada

DNI/NIE

Acto administrativo

Data do acto administrativo

150079108

33212740G

Requirimento de documentación

5.12.2025

ANEXO II

Procedemento BS650G

Nº de expediente

Persoa interesada

DNI/NIE

Acto administrativo

Data do acto administrativo

150057216

10026711E

Requirimento de documentación

20.2.2026

150030119

58023262N

Requirimento de documentación

4.11.2025

150088425

32445406L

Requirimento de documentación

20.1.2026