DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Luns, 27 de abril de 2026 Páx. 25460

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 27 de marzo de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos ditados nos procedementos BS650A e BS650G (expediente 150050125 e catro máis).

En virtude do disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación dos actos administrativos no último domicilio coñecido das persoas interesadas solicitantes sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio notifícanse os requirimentos de emenda das solicitudes ditados nos procedementos competencia deste departamento territorial ás persoas interesadas citadas nos anexos, emprazándoas para que no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte á data da súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE), comparezan persoalmente ou debidamente representadas no Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da Coruña, Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (rúa Gregorio Hernández, nº 2-4, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, para ter coñecemento íntegro do acto. Transcorrido o prazo, de non facelo, teranse por practicadas as notificacións ao vencemento do dito prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, se ben as notificacións quedarán supeditadas á súa publicación no BOE.

Advírtese que, de non efectuar a emenda no prazo de dez (10) días hábiles establecido nos requirimentos a contar dende o día seguinte á súa notificación por comparecencia, de conformidade co disposto no artigo 68.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, teráselles por desistido das súas solicitudes, previa resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Coruña, 27 de marzo de 2026

María Blanco Aller
Directora territorial da Coruña

ANEXO I

Procedemento BS650A

Nº de expediente

Persoa interesada

DNI/NIE

Acto administrativo

Data do acto administrativo

150050125

32786275M

Requirimento de emenda da solicitude

29.9.2025

150062625

32791562W

Requirimento de emenda da solicitude

19.11.2025

ANEXO II

Procedemento BS650G

Nº de expediente

Persoa interesada

DNI/NIE

Acto administrativo

Data do acto administrativo

150103125

32593896K

Requirimento de emenda da solicitude

11.12.2025

150108125

76353108P

Requirimento de emenda da solicitude

14.1.2026

150108225

32429608E

Requirimento de emenda da solicitude

16.1.2026