DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Luns, 27 de abril de 2026 Páx. 25462

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 1 de abril de 2026, do Departamento Territorial de Vigo, polo que se notifican as resolucións ditadas no procedemento de BS650A.

Ao abeiro do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no uso das competencias atribuídas a este departamento territorial, tentada a notificación das resolucións ditadas no procedemento no último domicilio coñecido das persoas que se citan no anexo sen que esta se puidera efectuar por causas non imputables á Administración, notifícase mediante anuncio os referidos actos administrativos ás ditas persoas emprazándoas para que no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, comparezan en persoa ou debidamente representadas nas dependencias do Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración do Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Vigo, rúa Concepción Arenal, núm. 8, 1º andar, en horario de mañá entre as 9.00 horas e as 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer o texto íntegro das ditas resolucións e advertíndolles que, de non facelo así, se terán por practicadas as notificacións ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, se ben a notificación quedará supeditada a súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, poderán interpoñer reclamación previa á vía xurisdicional social, ante este departamento territorial, no prazo de trinta (30) días contados dende o día seguinte á data da súa notificación practicada por comparecencia, o abeiro do disposto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

Vigo, 1 de abril de 2026

María Ángeles Rouco Fernández
Directora territorial de Vigo

ANEXO

Procedemento BS650A

Núm. expediente

Núm. DNI/NIE/Pasaporte ou similar
persoa interesada

Resolución e data

36/01290-I/95

35437405V

Extinción 26.2.2026

36/00354-I/23

35267796X

Suspensión 11.2.2026

36/00385-I/23

24182607Q

Denegación 6.2.2026

36/00341-I/24

356472325S

Modificación 18.12.2025

36/00562-I/25

44077452C

Denegación 24.2.2026

36/00138-I/26

36107960P

Denegación 17.3.2026