Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministro e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e no artigo 47 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, sométense a información pública as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: SENS Ebro, S.L.
Denominación: Sistema de almacenamento Ebro Energy O Rosal e a correspondente liña subterránea de media tensión a 20 kV ata a subestación do Rosal.
Concello afectado: O Rosal.
Potencia máxima de funcionamento: 4,62 MW de potencia instalada, limitada electrónicamente mediante un sistema de control de planta PPC (Power Plant Controller) a 4,5 MW, tanto en xeración como en demanda. Capacidade enerxética de 18 MWh.
Características técnicas recollidas no proxecto:
– 4 contedores destinados a albergar as baterías baseadas na tecnoloxía de fosfato de ferro-litio (LFP) en modalidade autónoma, dos cales 3 contedores PowerTitan 2.0 ST5015UX-4H e 1 contedor PowerTitan 2.0 ST3343UX-4H. Cada contedor de baterías PowerTitan 2.0 ST5015UX-4H componse por 6 inversores (convertedores) 690 V de 210 kVA cada un e o contedor de baterías PowerTitan 2.0 ST3343UX-4H componse por 4 inversores (convertedores) 690 V de 210 kVA.
– Transformador de 5.140 kVA, con relación de transformación 0,69/20 kV.
– Liña de interconexión subterránea de 20 kV, entre o transformador e o centro de protección, control e medida (CPCM) de 6 metros de lonxitude.
– Centro de protección, control e medida (CPCM) Ebro Energy O Rosal.
– A planta Ebro Energy O Rosal conectarase á rede de distribución mediante unha liña subterránea de 20 kV ata a subestación SET O Rosal 132/20 kV, punto de conexión propiedade de UFD Distribución Electricidad, S.A., mediante cable illado R5HZ1-20L 12/20 3x1x185 mm2 Al, dunha lonxitude de 397 metros.
Orzamento execución material: 4.674.515,90 €.
Órgano competente para autorizar o proxecto: a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas.
Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida instalación eléctrica está suxeito a avaliación de impacto ambiental, segundo o establecido no artigo 7 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, e polo Real decreto 445/2023, do 13 de xuño, polo que se modifican os anexos I, II e III da Lei 21/2013, do 9 de decembro.
O que se fai público, de conformidade cos artigos 115 e 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e co artigo 47 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas físicas ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos, poidan examinar a documentación e presentar as súas alegacións, no prazo de trinta días, a contar dende o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.
A documentación estará á disposición das persoas interesadas no Departamento Territorial de Pontevedra da Consellería de Economía e Industria (avenida Mª Victoria Moreno, nº 43, 5º, 36071 Pontevedra), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, con teléfono de consultas: 986 80 52 25. Así mesmo, o proxecto da instalación poderá consultarse no portal web da Consellería de Economía e Industria a través da seguinte ligazón:
https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion
Pontevedra, 20 de abril de 2026
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
