III. Outras disposicións
Consellería de Política Social e Igualdade
CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 30 de marzo de 2026, da Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, pola que se publica o requirimento de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 9 de xaneiro de 2026 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro, para o desenvolvemento de proxectos de atención social integral dirixidos a persoas en situación de explotación sexual, preferentemente inmigrantes e/ou vítimas de trata de seres humanos con fins de explotación sexual, na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e de proxectos de información, prevención e sensibilización en materia de trata con fins de explotación sexual e explotación sexual, así como de apoio ás súas vítimas, preferentemente entre mulleres inmigrantes, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (códigos de procedemento SI431A e SI431E).
Advertido un erro na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 69, do 15 de abril de 2026, cómpre facer a seguinte corrección:
Na páxina 22883, na segunda táboa do anexo, pertencente á liña 2: proxectos de información, prevención e sensibilización en materia de trata con fins de explotación sexual e explotación sexual, así como de apoio ás súas vítimas, preferentemente entre mulleres inmigrantes, residentes na Comunidade Autónoma de Galicia (SI431E), na primeira columna, onde di: «SI431A-2026-00000009-00», debe dicir: «SI431E-2026-00000014-00».