DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Luns, 27 de abril de 2026 Páx. 25253

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2026, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan probas e se ditan instrucións para o acceso e a admisión do alumnado nas ensinanzas artísticas superiores da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2026/27.

A Lei 1/2024, do 7 de xuño, pola que se regulan as ensinanzas artísticas superiores e se establece a organización e as equivalencias das ensinanzas artísticas profesionais, dedica o título I ás ensinanzas artísticas superiores e sinala no artigo 7 os requisitos para o acceso aos estudos de grao en ensinanzas artísticas superiores. Segundo a súa disposición transitoria primeira, sobre a aplicabilidade da organización das ensinanzas artísticas superiores prevista na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, mentres non se leve a cabo o desenvolvemento regulamentario relativo á ordenación das ensinanzas previsto no artigo 6.3, seguirá sendo de aplicación o previsto nos artigos 54, 55, 56 e 57 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, con relación á organización de estudos superiores de música e de danza, ás ensinanzas de arte dramática, ás ensinanzas de conservación e restauración de bens culturais e aos estudos superiores de artes plásticas e deseño, así como na normativa de desenvolvemento. En atención a esta normativa, o acceso aos estudos de grao nas ensinanzas artísticas superiores está condicionado ao cumprimento do requisito de titulación e a ter superado unha proba específica de acceso para a ensinanza artística superior correspondente, regulada polas administracións educativas competentes.

Así mesmo, os requisitos de acceso aos estudos de grao en ensinanzas artísticas superiores sinálanse nos decretos que establecen os respectivos plans de estudos das ensinanzas artísticas superiores en Galicia. O Decreto 179/2015, do 29 de outubro, establece o plan de estudos das ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática na Comunidade Autónoma de Galicia. O Decreto 174/2015, do 29 de outubro, establece o plan de estudos das ensinanzas artísticas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais, nas especialidades de bens arqueolóxicos, escultura e pintura, na Comunidade Autónoma de Galicia. O Decreto 172/2015, do 29 de outubro, establece o plan de estudos das ensinanzas artísticas superiores de Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, e o Decreto 41/2023, do 20 de abril, polo que se modifica o Decreto 172/2015, do 29 de outubro, establece novos itinerarios. O Decreto 163/2015, do 29 de outubro, establece o plan de estudos das ensinanzas artísticas superiores de Música, nas especialidades de Composición, Interpretación, Musicoloxía e Pedagoxía, na Comunidade Autónoma de Galicia, e o Decreto 171/2016, do 24 de novembro, establece o plan de estudos das ensinanzas artísticas superiores de Música, nas especialidades de Dirección e Produción e xestión, e amplía os anexos do plan de estudos correspondente á especialidade de Interpretación, establecido no Decreto 163/2015, do 29 de outubro, mediante a incorporación de novos itinerarios. Do mesmo xeito, os ditos decretos establecen que a consellería competente en materia de educación, a través da dirección xeral correspondente, convocará, organizará, desenvolverá e avaliará, con carácter anual, unha proba específica de acceso a estes estudos superiores.

As ordes do 21 de novembro de 2016 polas que se regulan as ordenacións das distintas ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática, de Conservación e Restauración de Bens Culturais, de Deseño e de Música na Comunidade Autónoma de Galicia, en desenvolvemento dos seus decretos correspondentes, abordan nos seus artigos 3, 4, 5, 7, 8 e 9, respectivamente, os requisitos xerais para o acceso, a proba específica de acceso, as características desta proba específica, a convocatoria das probas de acceso, o acceso para aspirantes con discapacidade e o acceso para deportistas de alto rendemento e/ou nivel.

En aplicación do indicado no número oito da disposición derradeira segunda da Lei 1/2024, do 7 de xuño, suprímese o artigo 69.5 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, polo que, en atención ao indicado na disposición transitoria quinta da Lei 1/2024, do 7 de xuño, quedan sen efecto os artigos 3.2 e 6 no relativo á proba que substitúe o requisito de titulación, das ordes do 21 de novembro de 2016 polas que se regulan as ordenacións das distintas ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática, de Conservación e Restauración de Bens Culturais, de Deseño e de Música na Comunidade Autónoma de Galicia. Segundo o indicado no artigo 7.3 da Lei 1/2024, do 7 de xuño, só se considera a realización dunha proba, de maneira excepcional, para as persoas que manifesten unha competencia ou precocidade extraordinaria na disciplina artística correspondente que, ata que non exista unha nova disposición regulamentaria, afecta só o caso de menores de idade a partir de 16 anos que opten ao acceso ás ensinanzas artísticas superiores de Música e de Danza.

Por outra banda, o Decreto 89/2013, do 13 de xuño, modificado polo Decreto 163/2024, do 24 de xuño, fixa os prezos públicos correspondentes aos estudos conducentes á obtención dos títulos oficiais nas ensinanzas de Música e Artes Escénicas, de Idiomas, Deportivas, de Conservación e Restauración de Bens Culturais e nos estudos superiores de Deseño. Así mesmo, a instrución conxunta da Axencia Tributaria de Galicia e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa sobre a aplicación de prezos públicos nas ensinanzas de réxime especial, do 5 de xuño de 2015, establece o procedemento para a xestión do establecido no dito Decreto 89/2013, do 13 de xuño.

Por todo o exposto, en virtude das atribucións que lle foron conferidas a esta dirección xeral polo Decreto 138/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional,

RESOLVO:

Primeiro. Obxecto

1.1. Esta resolución ten por obxecto convocar as probas de acceso aos estudos de grao en ensinanzas artísticas superiores da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso académico 2026/27 e ditar instrucións sobre os aspectos organizativos e o desenvolvemento do procedemento.

1.2. Para o efecto de cumprir o punto anterior, dítanse as instrucións xerais, desígnanse os tribunais para as probas convocadas e publícanse os calendarios específicos para cada ensinanza artística superior na Comunidade Autónoma de Galicia, segundo se recolle nos anexos que se relacionan a seguir:

a) Anexo I. Ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática.

b) Anexo II. Ensinanzas artísticas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais.

c) Anexo III. Ensinanzas artísticas superiores de Deseño.

d) Anexo IV. Ensinanzas artísticas superiores de Música.

1.3. A oferta de prazas en cada centro de ensinanzas artísticas superiores, así como a normativa reguladora de admisión do alumnado e os calendarios do procedemento de acceso e admisión, será publicada a través da páxina web da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional (https://www.edu.xunta.gal/) e dos taboleiros e páxinas web dos centros educativos correspondentes.

Segundo. Requisitos das persoas aspirantes

2.1. Para acceder aos estudos de grao en ensinanzas artísticas superiores será preciso reunir os requisitos seguintes, conforme o establecido no artigo 7 da Lei 1/2024, do 7 de xuño:

a) Estar en posesión do título de bacharel, ou dun título de ensinanzas artísticas superiores, título universitario ou título de técnico superior, ou dun título declarado equivalente ou homologado aos ditos títulos, ou ter superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.

b) Ter superado unha proba específica de acceso á disciplina correspondente, en que se deberá demostrar que se posúen os coñecementos, as capacidades, as habilidades e as aptitudes necesarias para cursar con aproveitamento as ensinanzas.

A proba de acceso levarase a cabo para cada especialidade e itinerario, cando proceda, axustándose ao disposto no artigo 5 das ordes do 21 de novembro de 2016, das ensinanzas artísticas superiores correspondentes.

2.2. Situacións específicas de alumnado que cursa bacharelato:

a) Aquelas persoas que desexen realizar a proba específica de acceso e teñan pendente algunha das materias do bacharelato poderán inscribirse no procedemento de acceso e admisión e realizar a dita proba. No caso de superar a proba específica de acceso, poderán optar á adxudicación da praza solicitada unha vez que acrediten que están en condicións para a obtención do título de bacharel antes da adxudicación das prazas na ensinanza artística superior correspondente.

b) As persoas que estean pendentes do procedemento de revisión no centro, ou de resolución do Departamento Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, ao respecto de reclamacións das cualificacións de materias de segundo curso de bacharelato ou das cualificacións nas materias pendentes de primeiro curso de bacharelato, deberán presentar, igualmente, a solicitude de inscrición para o acceso e admisión nas ensinanzas artísticas superiores no prazo establecido nesta resolución. De permitir o resultado da reclamación a obtención do título de bacharel, a persoa aspirante poderá optar á adxudicación de praza sempre que supere a proba específica e achegue a documentación acreditativa de ter solicitado o dito título con anterioridade á adxudicación das prazas na ensinanza artística superior correspondente.

2.3. Acceso para aspirantes con discapacidade.

a) En cada centro de ensinanzas artísticas superiores da Comunidade Autónoma de Galicia reservarase un 10 % das prazas ofertadas en cada especialidade e itinerario, de ser o caso, para as persoas aspirantes que superen a proba específica de acceso e que acrediten o recoñecemento oficial dun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %. As prazas reservadas para estas persoas aspirantes que non poidan ser adxudicadas serán ofrecidas ás demais persoas aspirantes pola orde que lles corresponda.

b) As persoas aspirantes que presenten algunha discapacidade poderán requirir a adaptación para a realización das probas de acceso, de acordo co establecido no artigo 8 das ordes do 21 de novembro de 2016, das ensinanzas artísticas superiores correspondentes. Para tal efecto, as persoas aspirantes deberán presentar no prazo de inscrición a documentación que acredite oficialmente a súa discapacidade e unha solicitude de adaptación dos medios e condicións de realización da proba de acceso que corresponda.

c) Correspóndelle ao tribunal encargado da organización, realización e cualificación de cada proba adoptar as medidas precisas e adaptar os medios e as condicións de realización da proba, co obxecto de permitir que as persoas aspirantes con discapacidade poidan realizar a proba correspondente en condicións de igualdade que o resto de aspirantes.

2.4. Acceso para deportistas de alto rendemento e/ou nivel: en cada centro da Comunidade Autónoma de Galicia en que se impartan ensinanzas artísticas superiores reservaranse adicionalmente as prazas necesarias en cada especialidade para o acceso das persoas aspirantes coa condición de deportista galego de alto nivel e/ou rendemento que reúnan os requisitos académicos establecidos, conforme o indicado no artigo 9 das ordes do 21 de novembro de 2016, das ensinanzas artísticas superiores correspondentes.

2.5. Acceso directo para persoas en posesión do título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño nas ensinanzas artísticas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais e nas ensinanzas artísticas superiores de Deseño:

a) Poderá acceder ás ensinanzas artísticas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais e ás ensinanzas artísticas superiores de Deseño, sen necesidade de realizar a proba específica de acceso, quen estea en posesión dun título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño.

b) As persoas aspirantes que opten polo acceso directo deberán formalizar, igualmente, a súa inscrición no proceso de acceso e admisión, segundo o procedemento e calendario establecidos nesta resolución.

c) No caso de que a persoa aspirante estea pendente da avaliación do proxecto final ou da avaliación final de ciclo, para a obtención dun título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño na convocatoria de xuño do ano académico 2025/26 e, en consecuencia, non dispoña do título antes de finalizar o prazo de inscrición, deberá formalizar a súa inscrición para o acceso e admisión segundo o calendario establecido nesta resolución para a ensinanza artística superior correspondente, e deberá presentar no centro de inscrición a documentación acreditativa de ter solicitado o dito título con anterioridade á adxudicación das prazas na ensinanza artística superior correspondente.

2.6. Acceso para as persoas aspirantes ás ensinanzas artísticas superiores de Música menores de idade a partir de 16 anos que manifesten precocidade: as persoas aspirantes nesta situación poderán acceder aos estudos de grao en ensinanzas artísticas superiores de Música sempre que acrediten ter acadado o desenvolvemento das competencias clave previsto ao finalizar o bacharelato, conforme o previsto no capítulo IV do título I da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, e na normativa de desenvolvemento, segundo o disposto no artigo 7.3 da Lei 1/2024, do 7 de xuño.

As persoas aspirantes que cumpran esta condición deberán facelo constar na súa solicitude de inscrición e solicitar a realización da correspondente proba acreditativa no prazo establecido. Para estes efectos, esta proba será convocada coa debida antelación.

Terceiro. Procedemento de inscrición

3.1. Xeración das solicitudes.

Con carácter xeral, as solicitudes de inscrición cubriranse de xeito telemático a través do formulario dispoñible na aplicación informática «EAS» (https://www.edu.xunta.gal/eas), que permitirá a achega electrónica da documentación requirida para este procedemento, nos termos previstos nesta resolución. O acceso á dita aplicación poderá realizarse mediante os sistemas de identificación electrónica habilitados para o efecto.

A xeración da solicitude na aplicación non producirá efectos administrativos mentres non se proceda á súa formalización conforme o disposto no número 3.3. Para estes efectos, unha vez cargada a documentación preceptiva e completada a solicitude na aplicación informática, deberase finalizar e xerar o documento correspondente para a súa posterior formalización polos medios establecidos nesta resolución.

As persoas solicitantes que non posúan nacionalidade española e non dispoñan de documento nacional de identidade (DNI) ou número de identidade estranxeiro (NIE) poderán acceder ao formulario de inscrición directamente nas secretarías dos centros de inscrición.

Para os efectos desta resolución, considérase centro de inscrición aquel que figure na solicitude como primeira opción de preferencia para cursar estudos.

3.2. Características das solicitudes.

Na solicitude de inscrición, as persoas interesadas deberán indicar a especialidade e, de ser o caso, o itinerario que desexan cursar, así como o centro ou centros a que aspiran acceder. Nos casos das ensinanzas artísticas superiores de Deseño e de Música, atenderase ao seguinte:

a) Ensinanzas artísticas superiores de Deseño: deberá indicarse a escola de arte e superior de deseño a que se aspira acceder, por orde de preferencia, ata un máximo de catro opcións. Así mesmo, deberase sinalar o centro educativo en que desexa realizar a proba específica.

b) Ensinanzas artísticas superiores de Música: deberá indicarse o conservatorio superior a que se aspira acceder, por orde de preferencia. As probas específicas para cada especialidade e itinerario realizaranse nos centros detallados no anexo IV desta resolución, con independencia do centro de inscrición.

3.3. Formalización das solicitudes.

As persoas interesadas deberán presentar a súa solicitude finalizada na aplicación informática «EAS» e debidamente asinada na Secretaría do centro de inscrición dentro do prazo establecido nesta resolución para cada ensinanza artística superior. A documentación requirida para o procedemento incorporarase electronicamente na citada aplicación no momento de cubrir a solicitude, polo que non será preciso presentala novamente no centro, sen prexuízo das actuacións de comprobación e validación que correspondan.

A solicitude entenderase presentada na data en que teña entrada no Rexistro do centro educativo correspondente.

No caso de persoas menores de idade, a solicitude deberá ser xerada e presentada polas persoas que exerzan a representación legal, que deberán acreditar esta condición por calquera medio válido en dereito, de conformidade coa normativa reguladora do procedemento administrativo común.

3.4. Carácter único e validez das solicitudes.

As solicitudes de inscrición debidamente formalizadas terán carácter único e vinculante para o curso académico 2026/27, sen posibilidade de modificación unha vez rematado o prazo de inscrición establecido nesta resolución.

Para os efectos deste procedemento, considerarase válida unicamente a última solicitude formalizada para a ensinanza artística superior e proba específica correspondente, dentro do prazo de inscrición, e quedarán sen efecto as anteriormente presentadas.

3.5. Pagamento de prezos públicos.

Con carácter previo á finalización da solicitude na aplicación informática «EAS», deberá efectuarse pagamento de prezos públicos, de conformidade co disposto no Decreto 89/2013, do 13 de xuño, polo que se fixan os prezos públicos correspondentes ás probas de acceso ás ensinanzas artísticas superiores, e segundo o previsto no número 4.1.c) desta resolución. Este pagamento non poderá ser fraccionado.

3.6. Prazo de inscrición.

O prazo de presentación das solicitudes comprenderá desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as datas especificadas a seguir:

a) Para as ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática, o prazo rematará o 16 de xuño de 2026, incluído.

b) Para as ensinanzas artísticas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais, o prazo rematará o 5 de xuño de 2026, incluído.

c) Para as ensinanzas artísticas superiores de Deseño, o prazo rematará o 5 de xuño de 2026, incluído.

d) Para as ensinanzas artísticas superiores de Música, o prazo rematará o 21 de maio de 2026, incluído. Non obstante, para as persoas ás cales lles resulte de aplicación o disposto no número 2.6 desta resolución, o prazo de inscrición rematará o 15 de maio de 2026, incluído.

3.7. As persoas aspirantes poderán presentar renuncia expresa á súa participación neste procedemento en calquera das súas fases no centro de inscrición ou polos medios telemáticos habilitados para o efecto.

Cuarto. Documentación complementaria

4.1. As persoas solicitantes deberán achegar no prazo de inscrición, xunto coa solicitude, a seguinte documentación, conforme o indicado no ordinal terceiro:

a) DNI, NIE ou pasaporte da persoa solicitante.

b) DNI, NIE ou pasaporte da persoa representante, só no caso de actuar por medio de representante. En tal caso, é imprescindible a acreditación da representación fidedigna por calquera medio válido en dereito.

c) Xustificante do pagamento de prezos públicos, segundo o Decreto 89/2013, do 13 de xuño, consonte un destes modelos oficiais, xunto cos certificados de exención ou bonificación correspondente, cando proceda:

– Modelo E (autocopiativo en papel facilitado nas secretarías dos centros).

– Modelo AI.

– Modelos 730 e 731, xerados electronicamente no portal da internet da Axencia Tributaria de Galicia (https://ovt.atriga.gal).

d) Documentación xustificativa do requisito de titulación. As persoas solicitantes deberán presentar, polo menos, un dos seguintes documentos:

• Título de bacharel.

• Título de ensinanzas artísticas superiores.

• Título universitario.

• Título de técnico superior.

• Título declarado equivalente ou homologado aos anteriores títulos. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberá achegarse copia da credencial de homologación ao título correspondente do sistema educativo español ou, de ser o caso, do volante de inscrición condicional expedido polo órgano competente.

• Certificación de ter superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.

• Certificación académica do bacharelato, con indicación de materias pendentes.

e) Documentación específica, segundo corresponda:

• Documento acreditativo do grao de discapacidade e solicitude de adaptación dos medios e condicións de realización da proba de acceso que corresponda.

• Documento acreditativo da condición de deportista galego de alto nivel e/ou rendemento.

• Título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño ou documento que acredite o aboamento do depósito do correspondente título, ademais de certificación académica, con expresión da nota media do expediente nos termos indicados nos anexos II e III desta resolución, segundo corresponda, só para persoas aspirantes que opten pola quenda de acceso directo nas ensinanzas artísticas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais e nas ensinanzas artísticas superiores de Deseño.

• Título profesional de Música ou documento que acredite o aboamento do depósito do correspondente título, ademais de certificación académica, con indicación da nota media do expediente nos termos indicados no anexo IV desta resolución, só para persoas aspirantes ao acceso nas ensinanzas artísticas superiores de Música.

4.2. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de xeito motivado o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

Quinto. Comprobación de datos

5.1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse os datos incluídos na aplicación informática «EAS» e na documentación achegada segundo o indicado no ordinal terceiro desta resolución.

5.2. Correspóndelles aos centros de ensinanzas artísticas superiores verificar o cumprimento dos requisitos exixidos e validar, cando proceda, as solicitudes de inscrición das persoas interesadas, así como recibir e tramitar, no prazo establecido, as reclamacións e/ou emendas que se formulen. Para estes efectos, os centros comunicaranlle ao Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe Permanente a información necesaria para a tramitación do procedemento.

5.3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos datos requiridos nesta resolución, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.

Sexto. Publicación das listaxes de persoas admitidas e excluídas

6.1. Concluído o prazo de presentación de solicitudes de inscrición no proceso de acceso e admisión previsto para cada ensinanza artística superior, a Dirección Xeral de Formación Profesional, a través do Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe Permanente, publicará a relación provisional de persoas inscritas admitidas e excluídas, con expresión, neste último caso, das causas que motivaron a exclusión, e o lugar de realización da proba específica. As ditas listaxes publicaranse nos taboleiros de anuncios do interior dos recintos dos centros sen visibilidade desde o exterior, así como na páxina web da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

6.2. As persoas interesadas disporán dun prazo de reclamación de dous (2) días desde o día seguinte ao da publicación da listaxe provisional para emendar as causas que motivaron a súa exclusión. Esta reclamación presentarase no centro de inscrición e irá dirixida á Dirección Xeral de Formación Profesional.

6.3. As alegacións entenderanse resoltas e notificadas para todos os efectos coa publicación da listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas.

6.4. A listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas para a realización das probas publicarase nos taboleiros de anuncios de cada centro, así como na páxina web da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, nas datas especificadas no anexo correspondente desta resolución para cada ensinanza artística superior.

Sétimo. Tribunais das probas específicas de acceso

7.1. Os membros dos tribunais, encargados da organización, realización, avaliación e cualificación das probas específicas de acceso ás ensinanzas artísticas superiores convocadas nesta resolución, son os designados no anexo correspondente para cada ensinanza artística superior.

7.2. As direccións dos centros garantirán a actuación dos tribunais designados nesta resolución e organizarán a distribución horaria e a asignación de espazos necesarios para o desenvolvemento das probas correspondentes. Así mesmo, poderán nomear o persoal docente preciso para o correcto desenvolvemento das probas específicas en cada centro educativo.

7.3. As direccións dos centros remitiranlle á Dirección Xeral de Formación Profesional a documentación relativa ao procedemento de acceso nos termos e nos prazos establecidos nos anexos desta resolución para cada ensinanza artística superior.

Oitavo. Desenvolvemento das probas de acceso

8.1. As probas específicas de acceso ás ensinanzas artísticas superiores terán lugar nos centros de ensinanzas artísticas superiores de Galicia, segundo o calendario que figura nos anexos desta resolución para cada ensinanza artística superior.

8.2. A estrutura das probas específicas recóllese nos anexos desta resolución, de conformidade co disposto no artigo 5 das ordes do 21 de novembro de 2016 polas que se regulan as ordenacións das distintas ensinanzas artísticas superiores, sen prexuízo das instrucións específicas ditadas pola Dirección Xeral de Formación Profesional para a organización e o desenvolvemento destas probas.

8.3. As persoas aspirantes deberán presentarse provistas do seu documento oficial de identificación no momento da realización das probas específicas de acceso.

Noveno. Publicación dos resultados das probas específicas

9.1. As listaxes provisionais e definitivas das persoas aspirantes presentadas, coa expresión da cualificación final obtida na proba específica ordenada de maior a menor puntuación, así como a relación das persoas aspirantes non presentadas, publicaranse nos taboleiros de anuncios do interior dos recintos dos centros sen visibilidade desde o exterior, así como na páxina web da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, respectando o disposto na disposición adicional sétima da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

9.2. As listaxes referidas no punto anterior publicaranse nas datas especificadas no anexo correspondente desta resolución para cada ensinanza artística superior.

Décimo. Reclamacións

10.1. As persoas aspirantes poderán reclamar contra a cualificación da proba específica de acceso, de acordo co establecido nas ordes do 21 de novembro de 2016, da ensinanza artística superior correspondente, ante a Dirección do centro en que a persoa aspirante realizase a proba, no prazo de dous (2) días contados desde o día seguinte ao da publicación da cualificación provisional. A Dirección do centro, logo de recibido o informe do tribunal avaliador correspondente, emitirá resolución motivada ao respecto.

10.2. Contra a resolución emitida en resposta á reclamación contra a cualificación da proba específica de acceso, a persoa interesada poderá presentar recurso de alzada, ante o departamento territorial correspondente da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, no prazo máximo dun mes a partir da súa notificación. No caso de que o recurso se presente a través do centro, a Dirección tramitarao, xunto coa documentación correspondente, nun prazo non superior a 48 horas. A resolución da Dirección Territorial porá fin á vía administrativa.

Décimo primeiro. Adxudicacións

11.1. As vacantes existentes adxudicaranse atendendo á orde de prelación resultante das cualificacións finais obtidas polas persoas aspirantes, segundo o indicado no anexo correspondente para cada ensinanza artística superior.

As opcións consignadas na solicitude de inscrición no procedemento de acceso e admisión serán vinculantes para a adxudicación de prazas e non poderán ser modificadas.

11.2. As listaxes de adxudicacións publicaranse, nas datas especificadas no anexo correspondente desta resolución para cada ensinanza artística superior, nos taboleiros de anuncios do interior dos recintos dos centros sen visibilidade desde o exterior, así como na páxina web da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, respectando o disposto na disposición adicional sétima da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

Décimo segundo. Matrícula

12.1. A superación da proba específica de acceso ás ensinanzas artísticas superiores faculta, unicamente, para matricularse no ano académico e na especialidade para a cal a proba específica fose convocada e realizada, en calquera dos centros do Estado en que se cursen estas ensinanzas, sen prexuízo da dispoñibilidade de prazas, de conformidade co establecido na normativa estatal e no artigo 4 das ordes do 21 de novembro de 2016, das ensinanzas artísticas superiores correspondentes.

12.2. As persoas aspirantes que obteñan praza deberán formalizar a súa matrícula nos prazos sinalados no anexo correspondente á ensinanza artística superior a que accedan, agás nas excepcións previstas no anexo III para as ensinanzas artísticas superiores de Deseño. A non formalización da matrícula no prazo establecido, de conformidade coas indicacións específicas recollidas no anexo correspondente para cada ensinanza, implicará a perda do dereito á praza adxudicada.

12.3. Para formalizaren a matrícula, as persoas interesadas dirixiranse aos centros de adxudicación, onde se lles facilitarán as instrucións e os modelos para o efecto.

Décimo terceiro. Probas extraordinarias

13.1. Os centros de ensinanzas artísticas superiores da Comunidade Autónoma de Galicia remitiranlle á Dirección Xeral de Formación Profesional, nos prazos indicados nos anexos desta resolución, a listaxe de alumnado matriculado en cada especialidade e itinerario, así como a relación de prazas vacantes, por especialidade e itinerario, e o calendario de matrícula e realización das probas extraordinarias no mes de setembro, no caso de que teñan lugar.

13.2. De existiren prazas vacantes, publicaranse nos taboleiros de anuncios dos respectivos centros e nas súas páxinas web, con indicación das quendas nas ensinanzas artísticas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais e nas ensinanzas artísticas superiores de Deseño.

Décimo cuarto. Información básica sobre protección de datos persoais

Os datos persoais solicitados neste procedemento serán tratados, na súa condición de responsable, pola Xunta de Galicia, Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, coas finalidades de levar a cabo a tramitación administrativa que derive da xestión deste procedemento e a actualización da información e dos contidos da Carpeta cidadá.

O tratamento dos datos baséase no cumprimento dunha misión de interese público ou no exercicio de poderes públicos, conforme a normativa recollida na ficha do procedemento incluída na Guía de procedementos e servizos e nas referencias recollidas en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercer outros dereitos ou retirar o seu consentimento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou, presencialmente, nos lugares e nos rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se explicita na información adicional recollida en https://www.xunta.gal/proteccion-datos-persoais

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2026

María Eugenia Pérez Fernández
Directora xeral de Formación Profesional

ANEXO I

Ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática

I.1. Aspectos xerais sobre o acceso ás ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática:

Acceso ás ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática

Prazo de inscrición

Desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 16 de xuño, incluído.

Publicación de listaxes

– A listaxe provisional de persoas inscritas admitidas e excluídas publicarase o 19 de xuño.

– A listaxe definitiva de persoas inscritas admitidas e excluídas publicarase o 26 de xuño.

Lugar de realización da proba

Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESAD); rúa da Poza Cabalo, s/n, Vigo.

Data e hora de realización da proba

A partir do día 6 de xullo de 2026, de acordo co calendario e horarios publicados polo centro.

Obrigas das persoas inscritas

Deberán presentarse provistas do documento oficial de identidade para acceder ás probas.

Características da proba de acceso

A proba de acceso ás ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática será realizada por especialidades. Constará dunha única proba que comprenderá diferentes exercicios, referidos á especialidade pola cal opten as persoas aspirantes.

a) Na especialidade de Dirección Escénica e Dramaturxia consistirá, como mínimo, nun traballo escrito que implicará o desenvolvemento dunha proposta escénica, nun exercicio breve de dirección de grupos, na escrita dun texto breve a partir dunha situación dramática e nunha entrevista persoal.

b) Na especialidade de Escenografía consistirá, como mínimo, na realización dun debuxo do natural e dun deseño escenográfico a partir dos motivos que en cada caso se propoñan, e nunha entrevista persoal.

c) Na especialidade de Interpretación consistirá, como mínimo, en dúas sesións de traballo cunha duración non superior a catro horas cada unha, nas cales se realizarán diferentes actividades expresivas propias da especialidade, e nunha entrevista persoal.

O tribunal encargado da organización, realización e cualificación da proba específica de acceso porá en coñecemento das persoas aspirantes o contido e a duración da entrevista persoal establecida nas letras a), b) e c) desta epígrafe e os criterios de cualificación desta.

Cualificacións

Cualificación da proba

Expresarase en termos numéricos nunha escala de 0 ao 10, con dous decimais, resultado da media aritmética das cualificacións emitidas polos membros do tribunal correspondente. Considerarase a proba superada para as cualificacións iguais ou superiores a 5,00 puntos.

Publicación dos resultados

– A listaxe provisional de persoas aspirantes presentadas, con expresión da cualificación final obtida na proba específica en orde decrecente, e de persoas aspirantes non presentadas publicarase o día 13 de xullo.

– A listaxe definitiva das cualificacións das probas específicas publicarase o día 20 de xullo.

Período de reclamacións

– As persoas aspirantes poderán reclamar contra a cualificación obtida, segundo o establecido no ordinal décimo desta resolución, os días 14 e 15 de xullo.

– A Dirección da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia deberá resolver as reclamacións, logo de informe do tribunal avaliador, antes da publicación das listaxes definitivas de cualificacións, e remitirá o día 17 de xullo o resultado destas resolucións á Dirección Xeral de Formación Profesional.

Adxudicación e matrícula

Adxudicación

– As vacantes existentes adxudicaranse segundo a orde de prelación resultante das cualificacións obtidas polas persoas aspirantes na proba específica de acceso.

– Logo da publicación da listaxe das cualificacións definitivas das persoas aspirantes, a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia remitiralle á Dirección Xeral de Formación Profesional a proposta de alumnado admitido por especialidade.

– A Dirección Xeral de Formación Profesional, á vista das listaxes de persoas aspirantes que superaron a proba de acceso, determinará, en función do número de vacantes, as persoas que obtiveron praza e publicará a listaxe de adxudicacións por especialidade o día 21 de xullo.

Período de matrícula

As persoas aspirantes que obteñan praza deberán formalizar a súa matrícula entre os días 22 e 24 de xullo, ambos os dous incluídos.

Probas extraordinarias

a) O día 28 de xullo, a Dirección da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia remitiralle á Dirección Xeral de Formación Profesional a listaxe de alumnado matriculado e publicará as vacantes, se for o caso, no seu taboleiro e na súa páxina web.

b) No caso de convocarse probas extraordinarias, estas terán lugar nos primeiros días do mes de setembro. Finalizado o proceso, o centro comunicarlle o antes posible á Dirección Xeral de Formación Profesional o resultado destas probas e o número de prazas que quedaron sen cubrir, cando corresponda.

I.2. Tribunais para as probas de acceso específicas nas ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática:

Especialidade: Dirección Escénica e Dramaturxia

Tribunal titular

Posto

DNI/NIE

Apelidos e nome

Presidente titular

***3290**

Castiñeira Blanco, Xavier

Vogal titular 1

***0213**

Moreira Fontán, Irene

Vogal titular 2

***4276**

Vidal Ponte, Roi

Vogal titular 3

***7376**

Becerra Arrojo, Afonso

Vogal titular 4

***0819**

López Silva, Inmaculada

Tribunal suplente

Posto

DNI/NIE

Apelidos e nome

Presidente suplente

***9716**

Chiralt Bailach, Joan Josep

Vogal suplente 1

***5515**

Míguez Escudero, Laura

Vogal suplente 2

***0432**

Abizanda Losada, Carmen

Vogal suplente 3

***2270**

Carreira Varela, Ana María

Especialidade: Escenografía

Tribunal titular

Posto

DNI/NIE

Apelidos e nome

Presidenta titular

***8325**

Sarmiento Rivas, María

Vogal titular 1

***0142**

Mortol Moreno, David

Vogal titular 2

***1196**

Fernández Arteaga, Ana María

Vogal titular 3

***7569**

Bajo Izquierdo, Vanesa

Vogal titular 4

***4743**

Montemayor Suárez, Alejandra

Tribunal suplente

Posto

DNI/NIE

Apelidos e nome

Presidenta suplente

***7251**

Ramos Calvelo, María Jesús

Vogal suplente 1

***5756**

Prego Cabeza, Santiago Fernando

Vogal suplente 2

***8120**

Faro González, José Manuel

Vogal suplente 3

***3672**

Vilariño Cabezas, Julio

Especialidade: Interpretación

Tribunal 1

Tribunal titular 1

Posto

DNI/NIE

Apelidos e nome

Presidenta titular

***6882**

Blanco Dorrego, Alba

Vogal titular 1

***5032**

Magaña Rodríguez, Olga

Vogal titular 2

***9333**

Montero Gullón, Nuria

Vogal titular 3

***8332**

Solveira Díaz, Ricardo

Vogal titular 4

***3333**

Pérez de Oliveira, Almudena

Tribunal suplente 1

Posto

DNI/NIE

Apelidos e nome

Presidente suplente

***9039**

Llera Rodríguez, Fernando Ángel

Vogal suplente 1

***6092**

Morales Ramón, Ermel

Vogal suplente 2

***8290**

Porrúa Refojo, Beatriz

Vogal suplente 3

***6911**

Sarmiento Vallverdú, María Encarnación

Tribunal 2

Tribunal titular 2

Posto

DNI/NIE

Apelidos e nome

Presidenta titular

***5714**

Crespo Méndez, María Francelina

Vogal titular 1

***1645**

Gayoso Diz, María de los Ángeles

Vogal titular 2

***0324**

Domínguez Dapena, María Cristina

Vogal titular 3

***7705**

Fernández Fernández, Ana María

Vogal titular 4

***7269**

Pascual Rodríguez, Roberto

Tribunal suplente 2

Posto

DNI/NIE

Apelidos e nome

Presidenta suplente

***2685**

Fernández Pérez, Rosa Mariana

Vogal suplente 1

***6814**

Codesido Breijo, Óscar

Vogal suplente 2

***6547**

Groba Lorenzo, Mónica

Vogal suplente 3

***5847**

Hernández Fernández, Lucía

I.3. Resumo do calendario para o acceso ás ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática:

Parte do procedemento

Datas

Fase de inscrición

• Prazo de inscrición

Desde o día seguinte ao da publicación no DOG ata o 16 de xuño, incluído

• Publicación da listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas

19 de xuño

• Período de reclamación contra a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas

22 e 23 de xuño

• Publicación da listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas

26 de xuño

Fase de probas

• Proba específica na ESAD

A partir do 6 xullo

• Publicación da listaxe provisional de cualificacións da proba específica

13 de xullo

• Período de reclamación contra a listaxe provisional de cualificacións da proba específica

14 e 15 de xullo

• Publicación da listaxe definitiva de cualificacións da proba específica

20 de xullo

Fase de adxudicación e matrícula

• Publicación da listaxe de adxudicacións de prazas

21 de xullo

• Período de formalización de matrícula para o curso 2026/27

Do 22 ao 24 de xullo

ANEXO II

Ensinanzas artísticas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais

II.1. Aspectos xerais sobre o acceso ás ensinanzas artísticas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais:

Acceso ás ensinanzas artísticas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais

Prazo de inscrición

Desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 5 de xuño, incluído.

Publicación de listaxes

– A listaxe provisional de persoas inscritas admitidas e excluídas publicarase o 9 de xuño.

– A listaxe definitiva de persoas inscritas admitidas e excluídas publicarase o 15 de xuño.

Lugar de realización da proba

Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia (ESCRBCG); rúa Xeneral Martitegui; s/n, Pontevedra.

Data e hora de realización da proba

O día 17 de xuño, de acordo co calendario e horarios publicados polo centro.

Obrigas das persoas inscritas

Deberán presentarse provistas do documento oficial de identidade para acceder ás probas.

Características da proba de acceso

A proba específica de acceso ás ensinanzas artísticas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais constará de dous exercicios:

a) Primeiro exercicio. Este exercicio consistirá na análise dun texto relacionado cos bens culturais, nun tempo máximo de noventa minutos, e terá como obxecto apreciar a madureza e a formación xeral do alumnado, especialmente no referente á comprensión de conceptos, utilización da linguaxe e capacidade de síntese e relación. A cualificación do exercicio realizarase entre 0 e 40 puntos.

b) Segundo exercicio. Aptitude plástica. Inclúe as seguintes probas:

1ª. Realización dun debuxo do natural, de enfoque mimético e con modelo real, exento e inanimado. Valorarase a fidelidade na representación, a calidade do grafismo e a precisión e acabamento do traballo.

2ª. Realización dun traballo sobre representación da cor. Considerarase a correcta utilización das técnicas empregadas e o grao de comprensión dos valores e calidades da cor.

3ª. Realización dun traballo práctico para a valoración das aptitudes específicas que requiren os estudos de Conservación e Restauración de Bens Culturais. Considerarase a habilidade manual, a meticulosidade e a pulcritude na realización do traballo.

O tempo máximo para a realización deste exercicio será establecido polo tribunal de acceso. Este exercicio terá por obxecto apreciar as aptitudes das persoas aspirantes, tanto plásticas como específicas, para a conservación e restauración. A súa cualificación será a media aritmética da puntuación obtida en cada epígrafe, que se cualificará entre 0 e 20 puntos.

Cualificacións

Cualificación da proba

A cualificación global da proba de acceso específica resultará da media ponderada das cualificacións obtidas nos distintos exercicios. O primeiro ponderarase nun 40 % e o segundo nun 60 %. Para a superación da proba de acceso exixirase unha cualificación igual ou superior a 5,00 puntos.

Publicación dos resultados

– A listaxe provisional de persoas aspirantes presentadas, con expresión da cualificación final obtida na proba específica en orde decrecente, e persoas aspirantes non presentadas publicarase o día 23 de xuño.

– A listaxe definitiva das cualificacións finais das probas específicas publicarase o día 30 de xuño.

Período de reclamacións

– As persoas aspirantes poderán reclamar contra a cualificación obtida, segundo o establecido no ordinal décimo desta resolución, os días 25 e 26 de xuño.

– A Dirección da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia deberá resolver as reclamacións presentadas, logo de informe do tribunal avaliador, antes da publicación das listaxes definitivas, e remitiralle os resultados destas resolucións o día 29 de xuño á Dirección Xeral de Formación Profesional.

Adxudicación e matrícula

Adxudicación

– As vacantes existentes adxudicaranse segundo a orde de prelación resultante das cualificacións finais obtidas polas persoas aspirantes na proba específica de acceso ou, no caso de quenda por acceso directo, das cualificacións medias dos expedientes académicos das persoas aspirantes.

– A porcentaxe de prazas sobre o total para as persoas aspirantes que estean en posesión dun título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño é do 20 %, de conformidade co artigo 4.3 da Orde do 21 de novembro de 2016 pola que se regula a ordenación das ensinanzas artísticas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais. O 80 % restante das prazas ofertadas será adxudicado mediante a proba específica de acceso. No caso de non quedaren cubertas as prazas correspondentes ao acceso directo, estas seranlles adxudicadas ás persoas aspirantes que superaron a proba específica.

– Logo da publicación da listaxe coas cualificacións definitivas das persoas aspirantes, a Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia remitiralle á Dirección Xeral de Formación Profesional a proposta de alumnado admitido pola quenda de acceso mediante proba específica e pola quenda de acceso directo.

– A Dirección Xeral de Formación Profesional, á vista das listaxes de persoas aspirantes que superaron a proba de acceso e das que optan pola quenda de acceso directo, determinará, en función do número de vacantes, as persoas que obtiveron praza e publicará a listaxe de adxudicacións o día 3 de xullo.

Aspectos da quenda por acceso directo

– A orde de prelación na adxudicación das prazas dispoñibles para o acceso directo ás ensinanzas artísticas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais será a cualificación media final do expediente académico do ciclo formativo de grao superior de Artes Plásticas e Deseño alegado por cada aspirante.

– Cando o ciclo formativo de grao superior de Artes Plásticas e Deseño sexa cursado segundo un plan de estudos establecido ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, a nota calcularase segundo se dispón no artigo 9.4 da Orde do 9 de setembro de 2004 pola que se regula a avaliación e a acreditación académica do alumnado que cursa as ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia. No caso de ciclos cursados segundo un plan de estudos establecido ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (LOE), a nota calcularase segundo se dispón no artigo 19.9 do Real decreto 596/2007, do 4 de maio, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño. No caso de graduados en Artes Plásticas e Oficios Artísticos, a cualificación que se terá en conta será a obtida na reválida ou proxecto final do Plan de estudos de 1963.

Para os efectos do cálculo da cualificación media final do expediente académico das persoas inscritas que soliciten acceder ás ensinanzas artísticas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais aplicaranse, cando cumpra, as seguintes equivalencias, agás que no expediente académico da persoa inscrita consten explicitamente as cualificacións numéricas das disciplinas. As ditas equivalencias serán:

• Suficiente/aprobado: 5,5.

• Ben: 6,5.

• Notable: 7,5.

• Sobresaliente/matrícula de honra: 9,0.

Período de matrícula

As persoas aspirantes que obteñan praza na adxudicación deberán formalizar a súa matrícula entre os días 6 e 8 de xullo, ambos os dous incluídos.

Probas extraordinarias

a) O día 9 de xullo, a Dirección da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia remitiralle á Dirección Xeral de Formación Profesional a lista de alumnado matriculado e publicará as vacantes no seu taboleiro e na súa páxina web.

b) No caso de convocarse probas extraordinarias, estas terán lugar nos primeiros días do mes de setembro. Finalizado o proceso, o centro comunicaralle o antes posible á Dirección Xeral de Formación Profesional o resultado destas probas e, cando corresponda, o número de prazas que quedaron sen cubrir.

II.2. Tribunais para as probas de acceso específicas nas ensinanzas artísticas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais:

Tribunal titular

Posto

DNI/NIE

Apelidos e nome

Presidenta

***7661**

Fernández Arcos, Andrea

Vogal titular 1

***8832**

Torres Fernández, Araceli

Vogal titular 2

***7692**

Seco Lanzós, Sonia

Vogal titular 3

***7495**

Terroso Hernández, María Asunción

Vogal titular 4

***5687**

Figueiras Pimentel, Natalia

Tribunal suplente

Posto

DNI/NIE

Apelidos e nome

Presidente suplente

***3173**

Pereira Abonjo, Antón

Vogal suplente 1

***5364**

Lago Cerviño, Marta

Vogal suplente 2

***9817**

Suárez Núñez, Iván

Vogal suplente 3

***5254**

Rey Aguiño, José Manuel

Vogal suplente 4

***0513**

Porral Vicente, Pablo

II.3. Resumo do calendario para o acceso ás ensinanzas artísticas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais:

Parte do procedemento

Datas

Fase de inscrición

• Prazo de inscrición

Desde o día seguinte ao da publicación no DOG ata o 5 de xuño, incluído

• Publicación da listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas

9 de xuño

• Período de reclamación contra a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas

10 e 11 de xuño

• Publicación da listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas

15 de xuño

Fase de probas

• Proba específica na ESCRBCG

17 de xuño

• Publicación da listaxe provisional de cualificacións da proba específica

23 de xuño

• Período de reclamación contra a listaxe provisional de cualificacións da proba específica

25 e 26 de xuño

• Publicación da listaxe definitiva de cualificacións da proba específica

30 de xuño

Fase de adxudicación e matrícula

• Publicación da listaxe de adxudicacións de prazas

3 de xullo

• Período de formalización de matrícula para o curso 2026/27

Do 6 ao 8 de xullo

ANEXO III

Ensinanzas artísticas superiores de Deseño

III.1. Aspectos xerais sobre o acceso ás ensinanzas artísticas superiores de Deseño:

Acceso ás ensinanzas artísticas superiores de Deseño

Prazo de inscrición

Desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 5 de xuño, incluído.

Publicación de listaxes

– A listaxe provisional de persoas inscritas admitidas e excluídas publicarase o 9 de xuño.

– A listaxe definitiva de persoas inscritas admitidas e excluídas publicarase o 15 de xuño.

Lugar de realización da proba

A proba realizarase nas escolas de arte e superiores de deseño (en diante, EASD):

– EASD Antonio Faílde; avenida da Universidade, A Cuña, 18, Ourense.

– EASD Mestre Mateo; rúa Virxe da Cerca, 32, Santiago de Compostela.

– EASD Pablo Picasso; rúa Os Pelamios, 2, A Coruña.

– EASD Ramón Falcón; paseo dos Estudantes, s/n, Lugo.

Data e hora de realización da proba

O día 17 de xuño, de acordo co seguinte horario:

• Primeira parte: das 11.00 ás 13.00 horas.

• Segunda parte: das 16.00 ás 20.00 horas.

– 1º exercicio: das 16.00 ás 18.00 horas.

– 2º exercicio: das 18.00 ás 20.00 horas.

*Para optar ao itinerario de Xoiaría e complementos da especialidade Produto, deberá superarse, ademais, unha entrevista. A superación desta entrevista será requisito para a adxudicación das prazas deste itinerario. No caso de non acudir, as persoas aspirantes decaen no seu dereito de concorrer ás adxudicacións das vacantes neste itinerario. O lugar de realización, a data e a hora desta publicaranse nos taboleiros de anuncios dos centros educativos e a través dos medios telemáticos habilitados para o efecto.

Obrigas das persoas inscritas

Deberán presentarse provistas do documento oficial de identidade para acceder ás probas.

Características da proba de acceso

A proba específica de acceso ás ensinanzas artísticas superiores de Deseño constará de dúas partes:

• Primeira parte: durante un máximo de dúas horas, a partir dun texto, imaxe e/ou material audiovisual proporcionado polo tribunal, as persoas aspirantes deberán facer por escrito un comentario crítico e razoado e responder á/ás cuestión/s que o tribunal lles formule ao respecto.

Nesta parte da proba, o tribunal valorará:

– A comprensión dos conceptos, a utilización da linguaxe, a capacidade de análise e síntese e o nivel expresivo e expositivo amosados.

– A capacidade para desenvolver razoadamente ideas e argumentos.

– O coñecemento dos valores significativos do deseño en xeral no contexto histórico, cultural e socioeconómico.

– A identificación e valoración dos movementos artísticos e intelectuais máis representativos en relación co deseño.

• Segunda parte: as persoas aspirantes realizarán dous exercicios de debuxo durante un máximo de catro horas:

– 1º exercicio: debuxo mimético á man alzada, do natural ou a partir da documentación facilitada, dun modelo proposto polo tribunal, realizado a lapis de grafito sobre papel tamaño DIN A3.

– 2º exercicio: debuxo á man alzada, utilizando os sistemas e técnicas de representación máis apropiadas, que serán definidos polo tribunal, do modelo do exercicio anterior.

Nesta parte da proba, o tribunal valorará a fidelidade representativa, os coñecementos amosados e a exactitude e limpeza da execución.

Cualificacións

Cualificación da proba

– A cualificación global da proba de acceso específica ás ensinanzas superiores de Deseño expresarase en termos numéricos nunha escala de 0 a 10, con dous decimais.

– A cualificación final da proba específica de acceso será o resultado da media aritmética das cualificacións obtidas pola persoa aspirante en cada unha das súas partes, expresada con dous decimais.

– Considerarase superada a proba a partir da cualificación de 5,00 puntos.

Publicación dos resultados

– A listaxe provisional de persoas aspirantes presentadas, con expresión da cualificación final obtida na proba específica en orde decrecente, e persoas aspirantes non presentadas publicarase o día 23 de xuño.

– A listaxe definitiva das cualificacións finais das probas específicas publicarase o día 30 de xuño.

Período de reclamacións

– As persoas aspirantes poderán reclamar contra a cualificación obtida, segundo o establecido no ordinal décimo desta resolución, os días 25 e 26 de xuño.

– As reclamacións resolveranse de acordo co indicado no ordinal décimo desta resolución e serán remitidas pola Dirección da EASD correspondente á Dirección Xeral de Formación Profesional o día 29 de xuño.

Adxudicación e matrícula

Adxudicación

– As vacantes existentes nas distintas especialidades e centros adxudicaranse segundo a orde de prelación resultante das cualificacións finais obtidas polas persoas aspirantes na proba específica de acceso ou, no caso da quenda por acceso directo, das cualificacións medias dos expedientes académicos das persoas aspirantes.

– A porcentaxe de prazas sobre o total das ofertadas en cada especialidade para as persoas aspirantes que estean en posesión dun título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño é do 20 %, segundo o artigo 4.3 da Orde do 21 de novembro de 2016 pola que se regula a ordenación das ensinanzas artísticas superiores de Deseño. O 80 % restante das prazas ofertadas será adxudicado mediante a proba específica de acceso. No caso de non quedaren cubertas as prazas correspondentes ao acceso directo, estas serán adxudicadas ás persoas aspirantes que superaron a proba específica.

Adxudicación

– Para a adxudicación de vacantes atenderase á especialidade e EASD que a persoa aspirante sinalase como primeira preferencia na súa solicitude. Enténdese por primeira preferencia aquela que a persoa aspirante indique en primeiro lugar, ou en lugares sucesivos se as especialidades ou EASD solicitadas esgotaron as súas prazas. No caso do itinerario de Xoiaría e complementos da especialidade Produto, a adxudicación condicionarase ao resultado apto da entrevista, con independencia da quenda de acceso ou da cualificación acadada.

– Logo da publicación da listaxe coas cualificacións definitivas das persoas aspirantes, as EASD remitiranlle á Dirección Xeral de Formación Profesional a proposta de alumnado admitido pola quenda de acceso mediante proba específica e pola quenda de acceso directo.

– A Dirección Xeral de Formación Profesional, á vista das listaxes de persoas aspirantes que superaron a proba de acceso e das que optan pola quenda de acceso directo, determinará, en función do número de vacantes, as persoas que obtiveron praza nas sucesivas adxudicacións:

• A listaxe de primeira adxudicación publicarase o día 3 de xullo.

• A listaxe de segunda adxudicación publicarase o día 13 de xullo.

Aspectos da quenda por acceso directo

– A orde de prelación na adxudicación das prazas dispoñibles para o acceso directo ás ensinanzas artísticas superiores de Deseño será a cualificación media final do expediente académico do ciclo formativo de grao superior de Artes Plásticas e Deseño alegado por cada aspirante.

– Cando o ciclo formativo de grao superior de Artes Plásticas e Deseño sexa cursado segundo un plan de estudos establecido ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, a nota calcularase segundo se dispón no artigo 9.4 da Orde do 9 de setembro de 2004 pola que se regula a avaliación e a acreditación académica do alumnado que cursa as ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia. No caso de ciclos cursados segundo un plan de estudos establecido ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (LOE), a nota calcularase segundo se dispón no artigo 19.9 do Real decreto 596/2007, do 4 de maio, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño. No caso de graduados en Artes Plásticas e Oficios Artísticos, a cualificación que se terá en conta será a obtida na reválida ou proxecto final do Plan de estudos de 1963.

Para os efectos do cálculo da cualificación media final do expediente académico das persoas inscritas que soliciten acceder ás ensinanzas artísticas superiores de Deseño aplicaranse, cando cumpra, as seguintes equivalencias, agás que no expediente académico da persoa inscrita consten explicitamente as cualificacións numéricas das disciplinas. As ditas equivalencias serán:

• Suficiente/aprobado: 5,5.

• Ben: 6,5.

• Notable: 7,5.

• Sobresaliente/matrícula de honra: 9,0.

Períodos de matrícula

a) Haberá dous períodos de matrícula en relación coas dúas adxudicacións previstas.

b) Logo de formalizada a matrícula, as persoas aspirantes non poderán concorrer á seguinte adxudicación.

• 1º período de matrícula: 6, 7 e 8 de xullo.

– As persoas aspirantes que obteñan praza na primeira adxudicación, do 3 de xullo, poderán formalizar a súa matrícula no centro de adxudicación os días 6, 7 e 8 de xullo.

– As persoas que obtiveron a praza solicitada en primeira opción na primeira adxudicación, do 3 de xullo, e non se matriculen neste prazo perderán a praza adxudicada e non poderán concorrer á segunda adxudicación.

– As persoas que non obtiveron a praza solicitada en primeira opción na primeira adxudicación, do 3 de xullo, e non se matriculen neste prazo permanecerán por defecto no proceso de segunda adxudicación, a non ser que manifesten expresamente a súa renuncia, presencial ou telematicamente polos medios habilitados para o efecto.

– O día 9 de xullo os centros remitiranlle á Dirección Xeral de Formación Profesional a lista de alumnado matriculado, así como a relación de prazas vacantes por especialidade e itinerario.

• 2º período de matrícula: 14 e 15 de xullo.

– As persoas aspirantes que obteñan praza na segunda adxudicación, do 13 de xullo, deberán formalizar a súa matrícula no centro de adxudicación os días 14 e 15 de xullo.

• O día 15 de xullo, os centros remitiranlle á Dirección Xeral de Formación Profesional a listaxe de alumnado matriculado en cada especialidade, e itinerario cando corresponda, así como a relación de prazas vacantes, co que se porá fin ao procedemento ordinario de acceso e admisión convocado nesta resolución.

Prazo de cobertura de vacantes rematado o proceso de admisión

• Unha vez finalizados o procedemento ordinario de admisión e os prazos de formalización de matrícula, as prazas que resulten vacantes poderán ser obxecto dunha fase extraordinaria de cobertura.

• De existiren prazas vacantes, o día 15 de xullo, cada centro publicará o número de prazas dispoñibles por quenda e especialidade, e itinerario cando corresponda, na súa páxina web e no seu taboleiro de anuncios.

• As persoas interesadas que superen a correspondente proba de acceso para o curso 2026/27 e acrediten o cumprimento dos requisitos de acceso establecidos para cada caso deberán dirixirse presencialmente ao centro no cal desexen solicitar a vacante e cubrir o correspondente formulario os días 16 e 17 de xullo.

• Os centros ordenarán as solicitudes recibidas atendendo á cualificación obtida na proba de acceso, ou na cualificación media final do expediente académico para o caso de acceso directo.

Probas extraordinarias

a) O día 17 de xullo, os centros remitiranlle á Dirección Xeral de Formación Profesional a listaxe de alumnado matriculado en cada especialidade, e itinerario cando corresponda, así como a relación de prazas vacantes e o calendario de matrícula e realización de probas extraordinarias, de ser o caso.

b) No caso de convocarse probas extraordinarias, estas terán lugar nos primeiros días do mes de setembro. Finalizado o proceso, os centros comunicaranlle o antes posible á Dirección Xeral de Formación Profesional o resultado destas probas e, cando corresponda, o número de prazas que quedaron sen cubrir.

III.2. Tribunais para as probas de acceso específicas nas ensinanzas artísticas superiores de Deseño:

Tribunal titular

Posto

DNI/NIE

Apelidos e nome

Presidente titular

***1438**

Cabarcos Rodríguez, Ramón Manuel

Vogal titular 1

***3364**

Carracedo Constenla, Diego

Vogal titular 2

***0573**

Gómez Fernández, Gumersindo

Vogal titular 3

***5923**

Ferreiro-Mazón Suárez, Pablo

Vogal titular 4

***1694**

Cruz Lago, José Antonio

Vogal titular 5

***6632**

Portolés Argüelles, Manuel Horacio

Vogal titular 6

***4250**

Fernández Pérez, Elisa

Vogal titular 7

***6642**

Curros Varela, Gala

Vogal titular 8

***8808**

Broz Álvarez, María

Tribunal suplente

Posto

DNI/NIE

Apelidos e nome

Presidenta suplente

***0764**

Pardo Antequera, Elena

Vogal suplente 1

***9026**

Ferreiro Rodríguez, Antonio Andrés

Vogal suplente 2

***9981**

Bugarín Osorio, Jacobo

Vogal suplente 3

***8648**

Varela Negreira, Ricardo Raúl

Vogal suplente 4

***3887**

Fernández Ignacio, Samuel

Vogal suplente 5

***8652**

Rodríguez Simón, Gloria María

Vogal suplente 6

***1376**

Rodríguez González, Marta

Vogal suplente 7

***4619**

Fernández Fernández, Talía

Vogal suplente 8

***3068**

Fernández Rodríguez, Mónica

III.3. Resumo do calendario para o acceso ás ensinanzas artísticas superiores de Deseño:

Parte do procedemento

Datas

Fase de inscrición

• Prazo de inscrición

Desde o día seguinte ao da publicación no DOG ata o 5 de xuño, incluído

• Publicación da listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas

9 de xuño

• Período de reclamación contra a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas

10 e 11 de xuño

• Publicación da listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas

15 de xuño

Fase de probas

• Proba específica na EASD correspondente

17 de xuño

• Publicación da listaxe provisional de cualificacións da proba específica

23 de xuño

• Período de reclamación contra a listaxe provisional de cualificacións da proba específica

25 e 26 de xuño

• Publicación da listaxe definitiva de cualificacións da proba específica

30 de xuño

Fase de adxudicación e matrícula

• Publicación de listaxe de primeira adxudicación

3 de xullo

• 1º período de formalización de matrícula para o curso 2026/27

Do 6 ao 8 de xullo

• Publicación de listaxe de segunda adxudicación

13 de xullo

• 2º período de formalización de matrícula para o curso 2026/27

14 e 15 de xullo

ANEXO IV

Ensinanzas artísticas superiores de Música

IV.1. Aspectos xerais sobre o acceso ás ensinanzas artísticas superiores de Música:

Acceso ás ensinanzas artísticas superiores de Música

Prazo de inscrición

Desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 21 de maio, incluído. Para as persoas ás cales lles resulte de aplicación o disposto no número 2.6 desta resolución, o prazo de inscrición rematará o 15 de maio, incluído.

Publicación de listaxes

– A listaxe provisional de persoas inscritas admitidas e excluídas publicarase o 28 de maio.

– A listaxe definitiva de persoas inscritas admitidas e excluídas publicarase o 3 de xuño.

Lugar de realización da proba

Conservatorio Superior de Música da Coruña (rúa Manuel Murguía, 44), para as seguintes especialidades e itinerarios:

• Especialidade de Dirección.

• Especialidade de Interpretación, nos seguintes itinerarios: Acordeón, Arpa, Canto, Guitarra, Jazz, Percusión e Vento madeira.

Conservatorio Superior de Música de Vigo (rúa Manuel Olivié, 23), para as seguintes especialidades e itinerarios:

• Especialidade de Composición.

• Especialidade de Interpretación, nos seguintes itinerarios: Corda fretada, Instrumentos da música tradicional e popular de Galicia, Música antiga (clave, viola de gamba, instrumentos de corda pulsada do Renacemento e do Barroco, instrumentos históricos de corda fretada– violín barroco), Piano e Vento metal.

• Especialidade de Musicoloxía, nos seguintes itinerarios: Etnomusicoloxía e Musicoloxía histórica.

• Especialidade de Pedagoxía, no itinerario de Pedagoxía xeral e da linguaxe musical.

• Especialidade de Produción e xestión.

Data e hora de realización das probas

A partir do día 8 de xuño, de acordo co calendario e horarios publicados polo centro correspondente.

Obrigas das persoas inscritas

Deberán presentarse provistas do documento oficial de identidade para accederen ás probas.

Características da proba de acceso

Especialidade de Composición

• Parte A: na realización dun traballo harmónico-contrapuntístico.

• Parte B: na presentación e defensa oral de obras e traballos realizados pola persoa candidata.

• Parte C: na interpretación no instrumento principal (ou voz, no caso do canto), ata quince minutos, das obras que determine o tribunal dunha relación presentada previamente pola persoa candidata.

Especialidade de Dirección

• Parte A: na interpretación dun programa de ata vinte minutos, no instrumento principal ou voz (no caso do canto) integrado por obras dunha dificultade adecuada ao nivel de acceso a estes estudos.

• Parte B: na análise dunha obra orquestral ou coral por proposta do tribunal.

• Parte C: na lectura á vista no piano dun fragmento musical escollido pola persoa aspirante de entre dous propostos polo tribunal.

• Parte D: na realización dun ditado a catro voces, de entre oito e doce compases de duración.

Especialidade de Interpretación (agás itinerario de Jazz)

• Parte A: na interpretación dun programa de ata trinta minutos, integrado por obras e/ou estudos dunha dificultade adecuada ao nivel de acceso a estes estudos.

• Parte B: na análise dunha obra ou fragmento musical.

• Parte C: na lectura á vista.

Especialidade de Interpretación (itinerario de Jazz)

• Parte A: na interpretación dun programa será requisito indispensable que a persoa aspirante improvise en cada un dos temas. O repertorio para interpretar na parte A da proba de acceso constará de cinco temas enmarcados dentro do repertorio estándar de jazz, amosando entre eles variedade formal, estilística e na elección dos tempi de execución.

• Parte B: na análise dunha obra ou fragmento musical por proposta do tribunal, engadindo contidos propios da análise de jazz.

• Parte C: na lectura e improvisación á vista dunha obra ou fragmento de jazz.

Especialidade de Musicoloxía

• Parte A: na análise histórico-estilística e defensa dunha obra ou fragmento por proposta do tribunal.

• Parte B: na realización dun comentario de texto ou traballo escrito por proposta do tribunal.

• Parte C: na interpretación no instrumento principal (ou voz, no caso de canto), ata quince minutos, das obras que determine o tribunal dunha relación presentada previamente pola persoa candidata.

Especialidade de Pedagoxía. Itinerario Pedagoxía xeral e da linguaxe musical

• Parte A: na interpretación no instrumento principal (ou voz, no caso de canto), ata quince minutos, das obras que determine o tribunal dunha relación presentada previamente pola persoa candidata. A elección do instrumento principal estará supeditada á oferta dos itinerarios de cada centro.

• Parte B: nunha proba vocal individual.

• Parte C: na composición dunha peza breve, de carácter didáctico, sobre unha melodía ou un texto proposto polo tribunal. A persoa aspirante deberá realizar unha defensa didáctica da súa aplicación.

Especialidade de Produción e xestión

• Parte A: no desenvolvemento por escrito dunha proposta de proxecto, a partir dun suposto proposto polo tribunal.

• Parte B: no desenvolvemento e posterior defensa oral dun tema vinculado a unha cuestión relacionada coa xestión de políticas culturais do contorno musical. Poderase escoller un tema de entre dous propostos polo tribunal.

• Parte C: análise formal e estética dunha obra proposta polo tribunal.

• Parte D: na interpretación no instrumento principal (ou voz, no caso de canto), ata quince minutos, das obras que determine o tribunal dunha relación presentada previamente pola persoa candidata.

Cualificacións

Cualificación da proba

– A cualificación das probas específicas de acceso axustarase ao establecido no artigo 5.8 da Orde do 21 de novembro de 2016 pola que se regula a ordenación das ensinanzas artísticas superiores de Música.

– Para a cualificación da parte A da proba da especialidade de Interpretación (agás no itinerario de Jazz), o tribunal emitirá un informe en que constarán a relación do programa presentado por cada aspirante e a valoración da súa adecuación á proba de acceso. Igualmente, deberán constar no informe (para cada unha das obras e/ou estudos interpretados), cando menos, a valoración dos seguintes aspectos: control técnico do instrumento, calidade do son, expresividade e estilo.

– Para a cualificación da parte A da proba do itinerario de Jazz da especialidade de Interpretación, o tribunal emitirá un informe en que constarán a relación do programa presentado por cada aspirante e a valoración da súa adecuación á proba de acceso. Igualmente, deberán constar no informe (para cada unha das obras interpretadas), cando menos, a valoración dos seguintes aspectos: a forma de interpretar o tema, o estilo, o fraseo e a linguaxe empregada, o tempo, a técnica de son, as escalas empregadas, o sentido formal e a coherencia xeral.

Publicación dos resultados

– A listaxe provisional de persoas aspirantes presentadas, en orde decrecente segundo a cualificación obtida na proba específica en cada especialidade e itinerario, e de persoas aspirantes non presentadas publicarase o día 15 de xuño.

– A listaxe definitiva das cualificacións das probas específicas publicarase o día 23 de xuño.

Período de reclamacións

– As persoas aspirantes poderán reclamar contra a cualificación obtida, segundo o establecido no ordinal décimo desta resolución, durante os días 16 e 17 de xuño.

– A Dirección do conservatorio superior de música correspondente deberá resolver as reclamacións presentadas, logo de informe do tribunal avaliador, antes da publicación das listaxes definitivas, e remitiralle os contidos destas resolucións o día 22 de xuño á Dirección Xeral de Formación Profesional.

Adxudicación e matrícula

Adxudicación

– As vacantes existentes nas distintas especialidades e itinerarios adxudicaranse segundo a orde de prelación resultante da cualificación final obtida polas persoas aspirantes no procedemento de acceso.

– A proba específica desenvolvida nos conservatorios superiores de música constituirá o 60 % da cualificación final. O restante 40 % da cualificación final corresponderá á nota media do expediente académico do título profesional de Música da persoa aspirante. No caso de persoas aspirantes que realicen as probas de acceso sen estaren en posesión deste título ou que non o acrediten durante o prazo de presentación de solicitudes, a puntuación que se deberá agregar por este concepto será o 0.

– Para o cómputo da nota media do expediente académico do título profesional de Música, farase unha media ponderada da cualificación media obtida nas ensinanzas profesionais de música, tendo en conta o establecido no Real decreto 1953/2009, do 18 de decembro, polo que se modifican o Real decreto 1577/2006, do 22 de decembro, o Real decreto 85/2007, do 26 de xaneiro, e o Real decreto 1467/2007, do 2 de novembro, no relativo ao cálculo da nota media dos alumnos das ensinanzas profesionais de Música e Danza.

– Logo da publicación da listaxe das cualificacións definitivas das persoas aspirantes, os conservatorios superiores de música remitiranlle á Dirección Xeral de Formación Profesional a proposta de alumnado admitido por especialidade.

– A Dirección Xeral de Formación Profesional, á vista das listaxes de persoas aspirantes que superaron a proba de acceso, determinará, en función do número de vacantes, as persoas que obtiveron praza nos respectivos conservatorios superiores de música de Galicia e publicará a listaxe de adxudicacións por especialidade e itinerario o día 3 de xullo.

Período de matrícula

As persoas aspirantes que obteñan praza deberán formalizar a súa matrícula no centro de adxudicación entre os días 6 e 10 de xullo, ambos os dous incluídos.

Probas extraordinarias

a) O día 13 de xullo, os conservatorios superiores de música de Galicia remitiranlle á Dirección Xeral de Formación Profesional a listaxe de alumnado matriculado en cada especialidade e itinerario, así como a relación de prazas vacantes e o calendario de matrícula e realización no caso de que teñan lugar probas extraordinarias no mes de setembro. De ser o caso, as prazas vacantes faranse públicas nos taboleiros de anuncios dos conservatorios superiores e nas súas páxinas web.

b) No caso de convocarse probas extraordinarias en cada un dos centros onde quedaron vacantes, estas terán lugar nos primeiros días do mes de setembro. Finalizado o proceso, os centros comunicaranlle o antes posible á Dirección Xeral de Formación Profesional o resultado destas probas e, cando corresponda, o número de prazas que quedaron sen cubrir.

IV.2. Tribunais para as probas de acceso específicas nas ensinanzas artísticas superiores de Música:

Especialidade: Composición

Lugar de realización: CMUS Superior de Vigo

Tribunal titular

Posto

DNI/NIE

Apelidos e nome

Presidente titular

***9809**

Gaspar Grandal, Jacobo

Vogal titular 1

***5736**

Cantal Mariño, José Antonio

Vogal titular 2

***6537**

Pita Vázquez, María de la Paz

Tribunal suplente

Posto

DNI/NIE

Apelidos e nome

Presidente suplente

***0409**

Beltrán Sobrado, Pablo

Vogal suplente 1

***2017**

Ruibal Tilve, Fernando

Vogal suplente 2

***4397**

Cuevas Sánchez, Diego David

Especialidade: Dirección

Lugar de realización: CMUS Superior da Coruña

Tribunal titular

Posto

DNI/NIE

Apelidos e nome

Presidente titular

***3562**

López Briones, Fernando

Vogal titular 1

***6573**

Sanz Vila, José Javier

Vogal titular 2

***7573**

Concheiro Guerrico, César

Tribunal suplente

Posto

DNI/NIE

Apelidos e nome

Presidente suplente

***6325**

Añón Lijó, Sergio

Vogal suplente 1

***9213**

Vázquez Grela, Luis Javier

Vogal suplente 2

***8923**

López Rodríguez, Gabriel

Especialidade: Interpretación

Tribunal 1:

Acordeón e arpa

Lugar de realización: CMUS Superior da Coruña

Tribunal titular

Posto

DNI/NIE

Apelidos e nome

Presidenta titular

***2017**

Le Friec, Bleuenn

Vogal titular 1

***3723**

Prieto Trancón, Norberto Magín

Vogal titular 2

***6294**

Gándara Eiroa, Xosé Crisanto

Tribunal suplente

Posto

DNI/NIE

Apelidos e nome

Presidenta suplente

***6792**

Hevia Gómez, Iria

Vogal suplente 1

***2921**

Briones Martínez, Jorge

Vogal suplente 2

***3999**

Bretal Martínez, Teresa

Tribunal 2:

Canto

Lugar de realización: CMUS Superior da Coruña

Tribunal titular

Posto

DNI/NIE

Apelidos e nome

Presidenta titular

***3216**

Lorenzo López, Nuria

Vogal titular 1

***7898**

Blanco Piñeiro, Patricia

Vogal titular 2

***1784**

Cruz Estévez, Aida

Tribunal suplente 2

Posto

DNI/NIE

Apelidos e nome

Presidente suplente

***9404**

de los Santos Gago, Lorenzo

Vogal suplente 1

***2493**

Prabhu Barretto, Yamini Teresa

Vogal suplente 2

***7143**

Outomuro González, Noa

Tribunal 3:

Corda fretada I

(viola e violín)

Lugar de realización: CMUS Superior de Vigo

Tribunal titular

Posto

DNI/NIE

Apelidos e nome

Presidente titular

***1078**

Peris Salom, Mario

Vogal titular 1

***5586**

Mariño Suárez, Mauro José

Vogal titular 2

***4035**

Segade Blanco, Diego

Tribunal suplente

Posto

DNI/NIE

Apelidos e nome

Presidenta suplente

***2655**

Vélez Pérez, Marta

Vogal suplente 1

***8107**

López Gómez, Aitor

Vogal suplente 2

***7053**

Parrado Fuentes, Laura

Tribunal 4:

Corda fretada II (contrabaixo e violoncello)

Lugar de realización: CMUS Superior de Vigo

Tribunal titular

Posto

DNI/NIE

Apelidos e nome

Presidenta titular

***2251**

Torres Estarque, Ana María

Vogal titular 1

***5515**

Marigómez Arranz, Elena

Vogal titular 2

***1661**

García Fernández, Raquel

Tribunal suplente

Posto

DNI/NIE

Apelidos e nome

Presidente suplente

***3204**

Quintanilla Marful, Álvaro

Vogal suplente 1

***8044**

Fernández Sánchez, Antonio

Vogal suplente 2

***5667**

Díaz Pérez, Alejandra

Tribunal 5:

Guitarra

Lugar de realización: CMUS Superior da Coruña

Tribunal titular

Posto

DNI/NIE

Apelidos e nome

Presidente titular

***2586**

Eiras Tojo, Francisco Javier

Vogal titular 1

***2371**

Carbajo Martínez, Miguel

Vogal titular 2

***6233**

García Escarpa, Margarita

Tribunal suplente

Posto

DNI/NIE

Apelidos e nome

Presidente suplente

***7125**

Ruibal Armesto, Pablo Guillermo

Vogal suplente 1

***1304**

Díaz Pérez, Laura María

Vogal suplente 2

***3987**

Fernández Rodríguez, José Luis

Tribunal 6: Instrumentos da música tradicional e popular de Galicia

Lugar de realización: CMUS Superior de Vigo

Tribunal titular

Posto

DNI/NIE

Apelidos e nome

Presidenta titular

***1955**

Freijeiro Alonso, Lorena

Vogal titular 1

***8478**

Teixeiro Rei, Xiana

Vogal titular 2

***7155**

Abal Pulleiro, Iván

Tribunal suplente

Posto

DNI/NIE

Apelidos e nome

Presidente suplente

***8512**

Jurado Luque, Javier Luis

Vogal suplente 1

***8428**

Amoedo Portela, Alejo

Vogal suplente 2

***8877**

Alonso Monteagudo, Julio Carlos

Tribunal 7:

Jazz

Lugar de realización: CMUS Superior da Coruña

Tribunal titular

Posto

DNI/NIE

Apelidos e nome

Presidente titular

***1495**

Galán Pérez, Marcelino

Vogal titular 1

***7762**

Calvo Méndez, Alfonso

Vogal titular 2

***7685**

Arteaga Álvarez, Aurora

Tribunal suplente

Posto

DNI/NIE

Apelidos e nome

Presidente suplente

***3680**

Llorca Freire, Fernando

Vogal suplente 1

***8029**

Luis Díez, Hansel

Vogal suplente 2

***9598**

Somoza Fachado, Roberto

Tribunal 8:

Música antiga– clave, viola de gamba, instrumentos de corda pulsada do Renacemento e do Barroco e instrumentos históricos de corda fretada (violín barroco)

Lugar de realización: CMUS Superior de Vigo

Tribunal titular

Posto

DNI/NIE

Apelidos e nome

Presidenta titular

***8187**

Ruiz Martínez, Sara

Vogal titular 1

***6598**

Ayala Bendixen, Pavel Amilcar

Vogal titular 2

***5358**

Ruenes Rubiales, Diego

Tribunal suplente

Posto

DNI/NIE

Apelidos e nome

Presidente suplente

***2329**

Muñoz Rodríguez, Rafael Luis

Vogal suplente 1

***7290**

Morales Fernández, Manuel

Vogal suplente 2

***3204**

Quintanilla Marful, Álvaro

Tribunal 9:

Percusión

Lugar de realización: CMUS Superior da Coruña

Tribunal titular

Posto

DNI/NIE

Apelidos e nome

Presidente titular

***0124**

Sobrevela Romaguera, Luis Miguel

Vogal titular 1

***9837**

Socarrás Noriega, Luis Dennys

Vogal titular 2

***7084**

Rodríguez García, David

Tribunal suplente

Posto

DNI/NIE

Apelidos e nome

Presidente suplente

***6511**

Grela González, Pedro Antonio

Vogal suplente 1

***2014**

González Permuy, Alicia

Vogal suplente 2

***1963**

Pérez Ferreirós, Naira

Tribunal 10:

Piano

Lugar de realización: CMUS Superior de Vigo

Tribunal titular

Posto

DNI/NIE

Apelidos e nome

Presidenta titular

***8604**

Rejas Suárez, Patricia

Vogal titular 1

***8285**

Iglesias Ríos, Nelly

Vogal titular 2

***4324**

Timiraos Ferreiro, Elisa

Tribunal suplente

Posto

DNI/NIE

Apelidos e nome

Presidenta suplente

***6488**

Cid Castro, María José

Vogal suplente 1

***1819**

de Arredondo Cuéllar, Lilian

Vogal suplente 2

***9362**

Ares Espiño, Javier

Tribunal 11:

Vento madeira I (clarinete e saxofón)

Lugar de realización: CMUS Superior da Coruña

Tribunal titular

Posto

DNI/NIE

Apelidos e nome

Presidenta titular

***3766**

Sancho Andrés, Marta

Vogal titular 1

***6988**

Coello Rodríguez, Pablo Miguel

Vogal titular 2

***6178**

Leiva Piñeiro, Asterio

Tribunal suplente

Posto

DNI/NIE

Apelidos e nome

Presidenta suplente

***4156**

Belló García, José María

Vogal suplente 1

***8459**

Pais Abuín, Adrián

Vogal suplente 2

***8498**

Yebra Rivera, Rafael Salvador

Tribunal 12:

Vento madeira II (fagot, frauta travesa e óboe)

Lugar de realización: CMUS Superior da Coruña

Tribunal titular

Posto

DNI/NIE

Apelidos e nome

Presidente titular

***6488**

Cabo Messeguer, Julio Ángel

Vogal titular 1

***0699**

Vaquero Baquero, Ismael

Vogal titular 2

***8677**

Rivera Fernández, Alejandra

Vogal titular 3

***7290**

Morales Fernández, Manuel

Vogal titular 4

***8675**

Araújo Comesaña, Óscar

Tribunal suplente

Posto

DNI/NIE

Apelidos e nome

Presidente suplente

***7573**

Concheiro Guerrico, César

Vogal suplente 1

***8810**

Comesaña Abreu, Marta

Vogal suplente 2

***3945**

Mato Guerra, Nicolás

Vogal suplente 3

***1722**

Raña Barreiro, Fernando

Vogal suplente 4

***6527**

Pazo García, Ricardo

Tribunal 13:

Vento metal (trompa, trompeta, trombón e tuba)

Lugar de realización: CMUS Superior de Vigo

Tribunal titular

Posto

DNI/NIE

Apelidos e nome

Presidente titular

***2135**

Viceiro Filgueira, Javier

Vogal titular 1

***6588**

Díaz Álvarez, Juan Carlos

Vogal titular 2

***4901**

Blanco Cabaleiro, Santiago

Vogal titular 3

***7057**

Sánchez García, Gonzalo

Vogal titular 4

***0889**

Lozano Beceiro, Aida

Tribunal suplente

Posto

DNI/NIE

Apelidos e nome

Presidente suplente

***0138**

Lorenzo Vila, Enrique

Vogal suplente 1

***1619**

Fernández Rodríguez, Ignacio

Vogal suplente 2

***9017**

Vicente Monzó, Jesús

Vogal suplente 3

***0067**

Zaragoza Vigara, Edgar

Vogal suplente 4

***7350**

González Iglesias, Héctor

Especialidade: Musicoloxía (Histórica e etnomusicoloxía)

Lugar de realización: CMUS Superior de Vigo

Tribunal titular

Posto

DNI/NIE

Apelidos e nome

Presidente titular

***5369**

Costa Vázquez, Luís

Vogal titular 1

***7155**

Abal Pulleiro, Iván

Vogal titular 2

***2453**

Lede Abal, Emilio

Tribunal suplente

Posto

DNI/NIE

Apelidos e nome

Presidente suplente

***5442**

Relova Quinteiro, Roberto Francisco

Vogal suplente 1

***8512**

Jurado Luque, Javier Luis

Vogal suplente 2

***8877**

Alonso Monteagudo, Julio Carlos

Especialidade: Pedagoxía (Pedagoxía xeral e da linguaxe musical)

Lugar de realización: CMUS Superior de Vigo

Tribunal titular

Posto

DNI/NIE

Apelidos e nome

Presidenta titular

***2773**

Franqueira Fontán, Ana

Vogal titular 1

***4362**

Guerrero Rocha, Amalia

Vogal titular 2

***0312**

García García, Adriana Cristina

Tribunal suplente

Posto

DNI/NIE

Apelidos e nome

Presidente suplente

***7118**

Abreu Fernández, Pablo

Vogal suplente 1

***1687**

Gayoso Vázquez, Rosa María

Vogal suplente 2

***5898**

Salinas Cabrera, Janet

Especialidade: Produción e Xestión

Lugar de realización: CMUS Superior de Vigo

Tribunal titular

Posto

DNI/NIE

Apelidos e nome

Presidenta titular

***5630**

Domínguez Pérez, María

Vogal titular 1

***6528**

Costal Oro, Oswaldo

Vogal titular 2

***5224**

Fernández Trillo, María

Tribunal suplente

Posto

DNI/NIE

Apelidos e nome

Presidenta suplente

***5002**

González Pérez, Andrea

Vogal suplente 1

***3007**

Otero Barreiros, Jorge

Vogal suplente 2

***0409**

Beltrán Sobrado, Pablo

IV.3. Resumo do calendario para o acceso ás ensinanzas artísticas superiores de Música:

Parte do procedemento

Datas

Fase de inscrición

• Prazo de inscrición xeral

Desde o día seguinte ao da publicación no DOG ata o 21 de maio, incluído

• Prazo de inscrición para as persoas ás cales lles resulte de aplicación o disposto no número 2.6 desta resolución

Desde o día seguinte ao da publicación no DOG ata o 15 de maio, incluído

• Publicación da listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas

28 de maio

• Período de reclamación contra a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas

29 de maio e 1 de xuño

• Publicación da listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas

3 de xuño

Fase de probas

• Proba específica

A partir do 8 de xuño

• Publicación da listaxe provisional de cualificacións da proba específica

15 de xuño

• Período de reclamación contra a listaxe provisional de cualificacións da proba específica

16 e 17 de xuño

• Publicación da listaxe definitiva de cualificacións da proba específica

23 de xuño

Fase de adxudicación e matrícula

• Publicación da listaxe de adxudicacións de prazas

3 de xullo

• Período de formalización de matrícula para o curso 2026/27

Do 6 ao 10 de xullo