DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Luns, 27 de abril de 2026 Páx. 25376

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 2026 pola que se aproba e se fai pública a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas e se convocan as persoas aspirantes á realización do primeiro exercicio (probas de lingua galega) do proceso selectivo para cubrir unha praza da categoría profesional de condutor/a, grupo IV.1, pola quenda de acceso libre, vacante no cadro de persoal laboral.

Mediante a Resolución reitoral do 12 de decembro de 2025 (DOG do 5 de xaneiro e BOE do 19 de febreiro de 2026), convocáronse probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional de condutor/a, grupo IV.1, pola quenda de acceso libre, vacante no cadro de persoal laboral.

Mediante a Resolución reitoral do 13 de marzo de 2026 (DOG do 25 de marzo) aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas e fixouse un prazo para emendar os defectos que motivaron a exclusión ou omisión.

Rematado o dito prazo, e consonte o establecido na base 4.4 da convocatoria,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas ás citadas probas.

Segundo. Indicar que a lista definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web:

https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

Terceiro. Convocar as persoas aspirantes admitidas e que non están exentas para a realización do primeiro exercicio da fase de oposición (probas de lingua galega), o día 26 de maio de 2026, ás 10.00 horas, na sala de xuntas do Colexio de San Xerome, na praza do Obradoiro, s/n, Santiago de Compostela.

A publicación dos sucesivos anuncios de realización dos demais exercicios efectuaraa o tribunal no taboleiro electrónico da Universidade e na páxina web:

https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro do artigo 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2026

Rosa María Crujeiras Casais
Reitora da Universidade de Santiago de Compostela