DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Martes, 28 de abril de 2026 Páx. 25658

III. Outras disposicións

Instituto Galego do Consumo e da Competencia

EXTRACTO da Resolución do 21 de abril de 2026, conxunta da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, pola que se convocan os premios de innovación educativa aos proxectos sobre consumo responsable Galicons-net (código de procedemento IN116A).

BDNS (Identif.): 901552.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/901552

Primeiro. Persoas beneficiarias

Poderán participar os centros docentes non-universitarios públicos, privados e concertados da Comunidade Autónoma de Galicia que estean a participar no programa Galicons-net no curso 2025-2026 a través dalgunha destas dúas vías: a) convocatoria do Plan Proxecta+; b) solicitude formalizada do programa a través do Instituto Galego do Consumo e da Competencia.

Segundo. Obxecto

Convocar e regular os premios de innovación educativa aos proxectos sobre consumo responsable Galicons- net (código de procedemento IN116A).

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 21 de abril de 2026, conxunta da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, pola que se convocan os premios de innovación educativa aos proxectos sobre consumo responsable Galicons-net (código de procedemento IN116A).

Cuarto. Importe

Concederase un premio de 1.500 euros para o mellor proxecto en cada unha das categorías de participación.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación das solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 5 de maio de 2026.

Santiago de Compostela, 21 de abril de 2026

Román Rodríguez González
Conselleiro de Educación, Ciencia,
Universidades e Formación Profesional

Gabriel Alén Castro
Director do Instituto Galego
do Consumo e da Competencia