DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Martes, 28 de abril de 2026 Páx. 25660

III. Outras disposicións

Valedor do Pobo

RESOLUCIÓN do 20 de abril de 2026 pola que se dispón a publicación da decisión do xurado da sexta edición dos premios Valedora do Pobo aos mellores traballos fin de grao (TFG) e traballos fin de máster (TFM) en materia de igualdade e dereitos das mulleres.

De conformidade co establecido no punto 6 das bases da convocatoria da sexta edición dos premios Valedora do Pobo aos mellores traballos de fin de grao (TFG) e traballos fin de máster (TFM) en materia de igualdade e dereitos das mulleres, aprobadas pola Resolución do 24 de setembro de 2025 (DOG núm. 191, do 3 de outubro),

RESOLVO:

Dar publicidade á decisión do xurado, do 13 de abril de 2026, emitida por unanimidade:

– Premios aos traballos fin de grao, ex aequo:

De tercera a primera persona: la necesidad de un cambio en el relato artístico de la prostitución. Autora: Laura Carballido Méndez. Universidade de Santiago de Compostela.

Violencia en la pornografía y su impacto en las prácticas sexuales de los jóvenes universitarios/as: Un estudio cualitativo en la UdC. Autora: Jimena Cardona Felipe. Universidade da Coruña.

– Premios aos traballos fin de máster, ex aequo:

Los derechos afectivos y sexuales de las mujeres mayores: un estudio piloto en una gran urbe gallega y su área metropolitana. Autora: Genoveva Gundín González. Universidade da Coruña.

La transposición anticipada de la Directiva (UE) 2024/1385 como vía para una protección integral frente a la violencia de género en España. Autora: Aldara Tubío Pereira. Universidade de Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2026

María Dolores Fernández Galiño
Valedora do pobo