De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental, do 14 de abril de 2026, do proxecto da planta de almacenamento de enerxía eléctrica mediante baterías (BESS) Barces, no concello de Cerceda (A Coruña), promovido por Despro Wind, S.L.
Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:
https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 15 de abril de 2026
María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
