DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Martes, 28 de abril de 2026 Páx. 25703

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 22 de abril de 2026, da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, polo que se acorda someter a información pública o proxecto de decreto polo que se crea e se regula o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático está a tramitar o proxecto de decreto polo que se crea e regula o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Na súa virtude, de conformidade co disposto no artigo 42.3 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia,

ACORDO:

Primeiro. Someter a información pública o proxecto de decreto polo que se crea e regula o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, durante o prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Segundo. O texto do proxecto de decreto poderase consultar no Portal de transparencia da Xunta de Galicia: Normativa en tramitación-En prazo de envío de suxestións-Portal transparencia (xunta.gal):

https://transparencia.xunta.gal/tema/informacion-de-relevancia-xuridica/normativa-en-tramitacion/en-prazo-de-envio-de-suxestions

Terceiro. As persoas interesadas e a cidadanía en xeral poden facer as proposicións, suxestións ou recomendacións que consideren oportunas a este proxecto de decreto mediante o formulario habilitado no Portal de transparencia. Así mesmo, poderán presentar as súas suxestións a través dun escrito en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, dirixido á Subdirección Xeral do Litoral da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.

Santiago de Compostela, 22 de abril de 2026

Paula Uría Traba
Directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático