Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Enderezo social: avenida América, 38, 28028 Madrid.
Denominación: Modificado LMTS CBD804, CTC A Modia.
Situación: Cambados.
Descricións técnicas:
• Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV, con condutor RHZ1-2OL 12/20 KV 1×240 mm2 Al, de 356 metros de lonxitude, con orixe no centro de transformación existente A Modia (36CPR8) e final no centro de transformación proxectado.
• Centro de transformación a 400 kVA, compacto manobra exterior 2L1P, telecontrolado GPRS/FO, en envolvente prefabricada de formigón, con telexestión BT, relación de transformación 20 kV/400 V, situado na parcela con referencia catastral 6380513NH1068S0001IA.
• A instalación está situada na Modia, na parroquia de Vilariño, no concello de Cambados (Pontevedra).
A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.
O proxecto encóntrase á disposición do público durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra, Edificio Administrativo Campolongo, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no teléfono 986 80 52 37; así como no portal da mencionada consellería: https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte
Durante o dito período calquera persoa poderá formular as alegacións que considere oportunas, por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.
Pontevedra, 20 de marzo de 2026
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Nº expediente: IN407A 2025/261-4.
Denominación: Modificado LMTS CBD804, CTC A Modia.
Concello: Cambados.
|
Nº |
Lugar |
Terreo |
Referencia catastral |
Titular |
Afeccións |
||
|
Pleno dominio |
Servidume |
||||||
|
CT (m2) |
ml sub. |
m2 sub. |
|||||
|
1 |
Lg. Modia-Vilariño Cambados |
Urbano |
6380513NH1068S0001IA |
Bernardo Álvarez González |
16,81 |
3 |
12,56 |
