Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Enderezo Social: avenida América, 38, 28028 Madrid.
Denominación: Desmontaxe CT Viguetas, LMTS e CTC San Cristovo.
Situación: Vigo.
Descricións técnicas:
• Desmontaxe do centro de transformación Viguetas (36C972) de 1.000 kVA.
• Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 15 kV, con condutor RHZ1 15/20 kV 3×(1×240), de 24 metros de lonxitude, con orixe e final nos empalmes a realizar na LMTS TRO701, á altura da rúa San Cristovo, nos números 10 e 22, respectivamente, tras realizar a entrada e a saída no centro de transformación proxectado.
• Centro de transformación compacto San Cristovo de 630 kVA, en envolvente prefabricada con dúas celas de liña e unha de protección, telexestionado e telecontrolado, relación 15.000/400 V, situado na parcela con referencia catastral 7263837NG2776S0001PD, na rúa San Cristovo.
A instalación está situada na parroquia de San Cristovo de Candeán, no concello de Vigo (Pontevedra).
A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.
O proxecto encóntrase á disposición do público durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra, Edificio Administrativo Campolongo, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no teléfono 986 80 52 37; así como no portal da mencionada consellería: https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte
Durante o dito período calquera persoa poderá formular as alegacións que considere oportunas, por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.
Pontevedra, 20 de marzo de 2026
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Nº expediente: IN407A 2025/177-4.
Denominación: Desmontaxe CT Viguetas, LMTS e CTC San Cristovo.
Concello: Vigo.
|
Nº |
Lugar |
Terreo |
Referencia catastral |
Titular |
Afeccións |
||
|
Pleno dominio |
Servidume |
||||||
|
CT (m2) |
ml sub. |
m2 sub. |
|||||
|
1 |
R/ San Cristovo-Candeán Vigo |
Urbano. Solo sen edificar |
7263837NG2776S0001PD |
Descoñecido |
24,6 |
- |
- |
