DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Martes, 28 de abril de 2026 Páx. 25593

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 2026 pola que se modifica parcialmente a Resolución do 3 de decembro de 2025 pola que se adxudican as axudas da Orde do 7 de xullo de 2025 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a formación de doutores e doutoras das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG) en empresas e centros de innovación e tecnoloxía, programa Doutoramentos industriais, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2025 (código de procedemento IN606D).

A Orde do 7 de xullo de 2025 (DOG núm. 137, do 18 de xullo) establece as bases reguladoras e a convocatoria de axudas para a formación de doutores e doutoras das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG) en empresas e en centros de innovación e tecnoloxía, programa Doutoramentos industriais e procedeu á súa convocatoria para o exercicio 2025.

A Resolución do 3 de decembro de 2025 (DOG núm. 240, do 12 de decembro) adxudicou as axudas para a formación de doutores e doutoras das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG) en empresas e centros de innovación e tecnoloxía ás entidades que contraten as persoas seleccionadas e que se relacionan no seu anexo I.

O artigo 26 das bases da convocatoria establece que, no caso de que se produza algunha renuncia ou outra causa de extinción da relación laboral, a entidade beneficiaria deberá comunicala, mediante escrito motivado da persoa seleccionada, dirixido á Secretaría Xeral de Universidades ou á Axencia Galega de Innovación, segundo corresponda, dentro do prazo máximo de 15 días desde que se produza, e que se poderá adxudicar unha nova axuda de acordo coa prelación sinalada na lista de espera, sempre e cando a renuncia se produza antes do 1 de marzo de 2026.

De acordo co antedito,

RESOLVO:

Primeiro. Aceptar a renuncia presentada pola entidade beneficiaria das axudas para a formación de doutores e doutoras das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG) en empresas e centros de innovación e tecnoloxía, programa Doutoramentos industriais para o ano 2025, correspondente á entidade que se relaciona no anexo I.

Segundo. Adxudicar a axuda á entidade candidata situada no primeiro lugar da lista de espera desta convocatoria, que se relaciona no anexo II.

Terceiro. Redistribuír o crédito destinado ao financiamento destas axudas entre as universidades do SUG, de acordo coa renuncia indicada e a nova axuda procedente da lista de espera, tal como se indica no anexo III.

Cuarto. A disposición dos créditos das partidas orzamentarias 07.02.561B.744.0, 07.A2.561A.470.0, 07.A2.561A.770.0, 07.A2.561A.480.0, 07.A2.561A.781.0, 07.A2.561A.443.19, 07.A2.561A.743.19 quedan distribuídos, de acordo coa renuncia indicada e a nova axuda procedente da lista de espera, tal como se indica nas táboas que se relacionan no anexo IV.

Quinto. O artigo 8 das bases da convocatoria establece que as axudas serán para un período máximo de catros anos, que se contarán a partir da data da resolución de adxudicación das axudas ou da data do contrato, se esta é posterior.

Sexto. A entidade beneficiaria deberá enviar un escrito de aceptación da axuda segundo o establecido no artigo 18 da convocatoria.

Sétimo. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante ante a persoa titular da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 19 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2026

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
P.D. (Orde do 5.6.2024)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Educación,
Ciencia, Universidades e Formación Profesional

ANEXO I

Renuncia á axuda concedida

Nº expediente

NIF da entidade

Entidade

NIF persoa investigadora doutoranda candidada

Persoa investigadora doutoranda

Universidade

Aplicación orzamentaria

Importe (en euros)

Réxime de minimis Regulamento (UE) 2023/2831

2025

2026

2027

2028

2029

Total

25_IN606D_ 2025_2266762

B36296945

Aquacria Arousa, S.L.

***3144**

Rocío Paladea Rojo

Universidade de Vigo

07.A2.561A.470.0

3.050,00

19.450,00

31.600,00

26.100,00

34.800,00

115.000,00

Si

07.A2.561A.770.0

0,00

5.000,00

5.000,00

5.000,00

5.000,00

20.000,00

Total

3.050,00

24.450,00

36.600,00

31.100,00

39.800,00

135.000,00

ANEXO II

Axuda da lista de espera concedida

Nº expediente

NIF da entidade

Entidade

NIF persoa investigadora doutoranda candidata

Persoa investigadora doutoranda

Universidade

Aplicación orzamentaria

Importe (en euros)

Réxime de minimis Regulamento (UE) 2023/2831

2026

2027

2028

2029

2030

Total

33_IN606D_2025_2270725

G32273427

Fundación Centro Tecnolóxico da Carne

***9495**

Sabela Rodríguez Fernández

Universidade da Coruña

07.A2.561A.443.19

16.350,00

29.600,00

25.950,00

13.050,00

28.050,00

113.000,00

07.A2.561A.743.19

5.000,00

5.000,00

5.000,00

5.000,00

0,00

20.000,00

Total

21.350,00

34.600,00

30.950,00

18.050,00

28.050,00

133.000,00

ANEXO III

Redistribución do crédito entre as universidades do SUG

Universidades

Nº de axudas

Aplicación orzamentaria

Crédito (en euros)

2026

2027

2028

2029

Total

UVigo

- 1

07.02.561B.744.0

- 10.000,00 €

- 10.000,00 €

- 10.000,00 €

- 10.000,00 €

- 40.000,00 €

UDC

1

10.000,00 €

10.000,00 €

10.000,00 €

10.000,00 €

40.000,00 €

ANEXO IV

Disposición dos créditos das partidas orzamentarias

Entidade beneficiaria

Nº de axudas

Aplicación orzamentaria

(código de proxecto)

Crédito (en euros)

2025

2026

2027

2028

2029

2030

Total

Empresas

11

07.A2.561A.470.0 (2016 00004)

33.550,00 €

213.950,00 €

328.886,00 €

287.100,00 €

382.800,00 €

0,00 €

1.246.286,00 €

11

07.A2.561A.770.0 (2016 00004)

0,00 €

44.696,00 €

44.696,00 €

44.696,00 €

44.696,00 €

0,00 €

178.784,00 €

1

07.A2.561A.443.19 (2016 00004)

0,00 €

16.350,00 €

29.600,00 €

25.950,00 €

13.050,00 €

28.050,00 €

113.000,00 €

1

07.A2.561A.743.19 (2016 00004)

0,00 €

5.000,00 €

5.000,00 €

5.000,00 €

5.000,00 €

0,00 €

20.000,00 €

Centros de innovación e tecnoloxía

3

07.A2.561A.480.0 (2016 00004)

9.150,00 €

58.350,00 €

92.800,00 €

78.300,00 €

104.400,00 €

0,00 €

343.000,00 €

07.A2.561A.781.0 (2016 00004)

0,00 €

15.000,00 €

15.000,00 €

15.000,00 €

15.000,00 €

0,00 €

60.000,00 €

Total convocatoria

42.700,00 €

353.346,00 €

515.982,00 €

456.046,00 €

564.946,00 €

28.050,00 €

1.961.070,00 €

Universidades

Nº de axudas

Aplicación orzamentaria (código de proxecto)

Crédito (en euros)

2026

2027

2028

2029

Total

UDC

3

07.02.561B.744.0 (2016 00129)

30.000,00 €

30.000,00 €

30.000,00 €

30.000,00 €

120.000,00 €

USC

7

70.000,00 €

70.000,00 €

70.000,00 €

70.000,00 €

280.000,00 €

UVigo

5

50.000,00 €

50.000,00 €

50.000,00 €

50.000,00 €

200.000,00 €

Total

15

150.000,00 €

150.000,00 €

150.000,00 €

150.000,00 €

600.000,00 €