DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Martes, 28 de abril de 2026 Páx. 25675

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

ORDE do 21 de abril de 2026 pola que se modifica a Orde do 4 de agosto de 2021 pola que se fai pública a relación de persoal aspirante que superou o procedemento de acceso ao corpo de inspectores de educación, ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas e ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño, e de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de profesores de música e artes escénicas, ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño, ao corpo de profesores técnicos de formación profesional e ao corpo de mestres, e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, profesores de artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001A), convocados pola Orde do 24 de febreiro de 2020 (Diario Oficial de Galicia do 13 de marzo), modificada pola Orde do 15 de xaneiro de 2021 (Diario Oficial de Galicia do 25 de xaneiro).

En execución da Sentenza 206/2024, ditada o 20 de marzo de 2024 pola Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no procedemento ordinario 5/2022, en relación co procedemento selectivo convocado pola Orde do 24 de febreiro de 2020, e en virtude do disposto no Auto núm. 66/2026 ditado por ese órgano xurisdicional o 19 de febreiro de 2026 no procedemento de execución definitiva 42/2024, a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, tendo en conta tamén as resolucións en vía administrativa aos recursos de alzada presentados por Xesús Xosé Iglesias González e por Manuel María Veiga Lombardía,

RESOLVE:

Primeiro. Modificar a Orde do 4 de agosto de 2021 (Diario Oficial de Galicia do 23 de agosto) pola que se fai pública a relación do persoal aspirante que superou o procedemento de acceso ao corpo de inspectores de educación, ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas e ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño, e de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de profesores de música e artes escénicas, ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño, ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, profesores de artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001A), convocados pola Orde do 24 de febreiro de 2020 (Diario Oficial de Galicia do 13 de marzo), modificada pola Orde do 15 de xaneiro de 2021 (Diario Oficial de Galicia do 25 de xaneiro), en canto á relación do persoal aspirante que superou o procedemento de ingreso na especialidade de Fundamentos de Composición do corpo de profesores de música e artes escénicas (594412), que debe quedar redactada da seguinte forma:

594412-Fundamentos de Composición.

Quendas D e L.

DNI

Apelidos e nome

Quenda

Baremo

Oposición

Concurso-oposición

1

***6569**

Paradela Macía, Hugo

Quenda L

9.3000

7.8308

8.4185

2

***7406**

Rodil Rodríguez, Jesús Miguel

Quenda L

7.0000

8.7427

8.0456

3

***9425**

Porto Lamas, María Amelia

Quenda L

10.0000

6.2650

7.7590

4

***0745**

Infante Souto, Sofía Oriana

Quenda L

7.3500

7.4338

7.4003

5

***9716**

Iglesias González, Xesús Xosé

Quenda L

5.6490

7.3292

6.6571

6

***5030**

Veiga Lombardía, Manuel María

Quenda L

6.5000

6.5930

6.5558

7

***1044**

Amoedo Collazo, Ismael

Quenda L

5.0910

7.3946

6.4732

Segundo. De conformidade co establecido nos artigos 112, 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e 10, 14 e 46 da Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderá ser impugnada potestativamente en reposición ante o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou poderá formularse directamente recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de abril de 2026

Román Rodríguez González
Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional