DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Martes, 28 de abril de 2026 Páx. 25719

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 4 de marzo de 2026, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se dá a coñecer a solicitude de ampliación da declaración minero-medicinal e termal das augas procedentes dos mananciais Burgas de Arriba número 75.1 e Burgas de Abaixo número 75.2 ás do manancial Fervedoiro número 75.3, no concello de Ourense.

O Departamento Territorial de Ourense da Consellería de Economía e Industria dá a coñecer que o Concello de Ourense solicitou a ampliación da condición minero-medicinal e termal das augas procedentes dos mananciais Burgas de Arriba núm. 75.1 e Burgas de Abaixo núm. 75.2 ás augas que abrollan na captación O Fervedoiro núm. 75.3, situada no lugar coas coordenadas (ETRS89, fuso 29) X=593.476,7 Y=4.687.545,6, propiedade da dita entidade local.

O que se fai público segundo o disposto no artigo 5 da Lei 5/1995, do 7 de xuño, de regulación das augas minerais, termais, de manancial e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia, e no artigo 4 do Decreto 402/1996, do 31 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de aproveitamento das augas minero-medicinais, termais e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia.

Ourense, 4 de marzo de 2026

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense