En cumprimento do disposto no artigo 53 do Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas, faise público que este departamento territorial, o 9 de abril de 2026, resolveu inscribir no Rexistro de Cooperativas o acordo de modificación parcial dos estatutos sociais que afecta o capital social mínimo da entidade Chanzo a Chanzo, S. Coop. Galega, acordada na reunión da asemblea xeral extraordinaria que tivo lugar o 3 de novembro de 2025. O novo capital social redúcese de 9.000,00 € a 3.000,00 €.
A Coruña, 9 de abril de 2026
Juan José Couce Prego
Director territorial da Coruña
