DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Martes, 28 de abril de 2026 Páx. 25726

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2026, da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, pola que se dispón a inscrición da modificación dos estatutos de STEG-Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galicia no Depósito de Estatutos de Organizacións Sindicais e Empresariais.

Núm. depósito DEOSE: 82000198.

Feitos:

O 31 de marzo de 2026 tivo entrada nesta unidade a solicitude de inscrición no Depósito de Estatutos de Organizacións Sindicais e Empresariais da modificación dos estatutos de STEG-Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galicia, tras a súa aprobación no congreso do 24 e 25 de novembro de 2023.

Consideracións legais e técnicas:

Primeiro. A Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais ten atribuídas, entre outras funcións, a dirección, a coordinación, o control e a execución das competencias da Comunidade Autónoma en materia de relacións laborais, seguridade e saúde laboral, responsabilidade social empresarial, promoción do emprego de calidade e, en concreto, o exercicio de funcións en materia de lexislación laboral e en prevención de riscos laborais, de conformidade co disposto no Decreto 147/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.

Segundo. De acordo co artigo 25 do citado Decreto 147/2024, a Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais é o órgano competente de coordinación dos rexistros administrativos de eleccións sindicais, de asociacións empresariais e sindicais (DEOSE), de convenios colectivos (Rexcon) e de empresas acreditadas para intervir no proceso de contratación no sector da construción (REA).

Terceiro. O artigo 13 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, regula o procedemento de tramitación das solicitudes de depósito e establece que a oficina pública competente ditará resolución que acorde o depósito e a publicidade do acto de inscrición, en que constará a data de depósito e o número de depósito asignado.

Revisada a documentación achegada e tendo en conta a normativa aplicable, a Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, na súa condición de oficina pública competente,

RESOLVE:

Primeiro. Ordenar a inscrición da modificación dos estatutos de STEG-Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galicia no Depósito de Estatutos de Organizacións Sindicais e Empresariais.

As persoas interesadas poden acceder ao contido desta inscrición na web do Depósito de Estatutos de Organizacións Sindicais e Empresariais

https://expinterweb.mites.gob.es/deose2/inicio/acciones-sin-identificacion/copia-estatutos

Segundo. Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Esta resolución poderá ser impugnada directamente ante os órganos xurisdicionais da orde social, segundo o indicado no artigo 15 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais e de acordo co previsto no artigo 167 e seguintes da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2026

Pablo Fernández López
Secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais