DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Martes, 28 de abril de 2026 Páx. 25758

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comunidade de Augas de Patas, Rans, Pividal, Nogueira, Remesil, Carballas e Grileira

ANUNCIO da convocatoria da asemblea xeral ordinaria.

Albino Campos Lago, con DNI ***2971**, actuando como presidente da Comunidade de Augas de Patas, Rans, Pividal, Nogueira, Remesil, Carballas e Grileira, mediante este anuncio convoco o vindeiro día 23 de maio de 2026, no baixo parroquial da Igrexa de Santa Mariña de Cabral (Vigo-Pontevedra), ás 10.00 horas en primeira convocatoria e ás 10.30 horas en segunda, a asemblea xeral ordinaria conforme a seguinte orde do día e aprobación, se é o caso, do que proceda:

1. Lectura da acta anterior.

2. Informe da comunidade.

3. Presentación de contas do exercicio 2025.

4. Futuras obras a curto e longo prazo.

5. Facultar a Xunta Directiva para solicitar axudas en nome da comunidade.

6. Rogos e preguntas.

Vigo, 6 de abril de 2026

Albino Campos Lago
Presidente da Comunidade de Augas de Patas, Rans,
Pividal, Nogueira, Remesil, Carballas e Grileira