No Boletín Oficial da provincia de Ourense, do 18 de marzo de 2026, publicáronse íntegras as bases para cubrir as prazas da oferta ordinaria de emprego público do ano 2025. Corrección de erros no BOP de Ourense do 7 de abril de 2026.
As prazas que se convocan son as seguintes:
Oferta ordinaria de emprego público 2025.
I. Prazas de acceso libre:
I. A) Prazas de acceso libre, funcionarios de carreira:
– Unha praza (1) de técnico/a da Administración xeral, subgrupo A1, escala da Administración xeral, subescala técnica. Clase técnico/a superior. Título universitario de licenciado/a, graduado/a ou mestrado nunha titulación de calquera rama, ou calquera outro título oficial universitario nivel 3 do Marco español de cualificacións para a educación superior (nivel 7 do Marco europeo de cualificacións). Copia do diploma ou certificado Celga 4. Oposición libre.
– Unha praza (1) de técnico/a superior en Desenvolvemento Local e Fondos Europeos, subgrupo A1, escala de Administración especial, subescala de servizos especiais. Clase prazas de funcións especiais. Título universitario de licenciado/a, graduado/a ou mestrado nunha titulación de calquera rama, ou calquera outro título oficial universitario nivel 3 do Marco español de cualificacións para a educación superior (nivel 7 do Marco europeo de cualificacións). Copia do diploma ou certificado Celga 4. Oposición libre.
– Unha praza (1) de técnico/a superior en Promoción da Saúde e do Deporte, subgrupo A1, escala de Administración especial, subescala de servizos especiais. Clase prazas de funcións especiais. Título universitario de licenciado/a, graduado/a ou mestrado nivel 3 do Marco español de cualificacións para a educación superior (nivel 7 do Marco europeo de cualificacións) das ramas de coñecemento de Ciencias da Saúde ou de Ciencias Sociais e Xurídicas. Copia do diploma ou certificado Celga 4. Oposición libre.
– Unha praza (1) de veterinario/a, subgrupo A1, escala de Administración especial, subescala técnica. Clase técnico/a superior. Título universitario oficial de graduado/a en Veterinaria ou título equivalente, ou nunha titulación que habilite para o exercicio da profesión de veterinario/a. Copia do diploma ou certificado Celga 4. Oposición libre.
– Unha praza (1) de enxeñeiro/a técnico/a de Obras Públicas, subgrupo A2, escala de Administración especial, subescala técnica. Clase técnico/a medio. Título universitario de grao en Enxeñaría de Obras Públicas ou calquera outro título oficial universitario con nivel, como mínimo, 2 do Marco español de cualificacións para a educación superior (nivel 6 do Marco europeo de cualificacións) na área de coñecemento de Enxeñaría Civil. Copia do diploma ou certificado Celga 4. Oposición libre.
– Unha praza (1) de técnico/a especialista en Recursos Humanos e Formación Profesional, subgrupo A2, escala de Administración especial, subescala de servizos especiais. Clase prazas de funcións especiais. Título universitario de grao ou calquera outro título oficial universitario con nivel, como mínimo, 2 do Marco español de cualificacións para a educación superior (nivel 6 do Marco europeo de cualificacións) en calquera rama do coñecemento. Copia do diploma ou certificado Celga 4. Oposición libre.
– Seis prazas (6) de administrativos/as da Administración xeral, subgrupo C1, escala da Administración xeral, subescala administrativa. Título de bacharelato, técnico ou equivalente. Copia do diploma ou certificado Celga 4. Oposición libre.
– Unha praza (1) de técnico/a auxiliar agrícola, subgrupo C1, escala de Administración especial, subescala técnica. Clase técnico/a auxiliar. Título de bacharelato, técnico ou equivalente. Copia do diploma ou certificado Celga 4. Oposición libre.
– Tres prazas (3) de oficiais de obras e servizos, subgrupo C1, escala de Administración especial, subescala técnica. Clase técnico/a auxiliar. Título de bacharelato, técnico ou equivalente. Copia do diploma ou certificado Celga 4. Oposición libre.
– Unha praza (1) de oficial/a técnico/a de seguridade e saúde, subgrupo C1, escala de Administración especial, subescala de servizos especiais. Clase de funcións especiais. Título de bacharelato, técnico ou equivalente. Requisito específico titulación habilitante para o desenvolvemento das funcións de nivel medio en prevención de riscos laborais. Copia do diploma ou certificado Celga 4. Oposición libre.
– Tres prazas (3) de auxiliares da Administración xeral, subgrupo C2, escala da Administración xeral, subescala auxiliar. Título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente. Copia do diploma ou certificado Celga 3. Oposición libre.
I.B) Prazas de acceso libre, cadro de persoal laboral fixo:
– Dúas prazas (2) de condutores/as de maquinaria de obras públicas e vehículos especiais, subgrupo C2. Título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente. Carné de conducir C+E e mais CAP. Copia do diploma ou certificado Celga 3. Concurso-oposición libre.
– Unha praza (1) de oficial/a de taller-mecánico/a, subgrupo C2. Título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente. Copia do diploma ou certificado Celga 3. Concurso-oposición libre.
– Dúas prazas (2) de axudantes/as de obras e servizos, subgrupo C2. Título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente. Copia do diploma ou certificado Celga 3. Concurso-oposición libre.
– Unha praza (1) de choferes especialistas, subgrupo C2. Título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente. Carné de conducir C+E e mais CAP. Copia do diploma ou certificado Celga 3. Concurso-oposición libre.
– Unha praza (1) de porteiro/a, subgrupo AP. Non é necesaria ningunha titulación do sistema educativo. Copia do diploma ou certificado Celga 2. Concurso-oposición libre.
– Dúas prazas (2) de operarios/as sen cualificar, subgrupo AP. Non é necesaria ningunha titulación do sistema educativo. Copia do diploma ou certificado Celga 2. Concurso-oposición libre.
– Dúas prazas (2) de operarios/as do lixo, subgrupo AP. Non é necesaria ningunha titulación do sistema educativo. Copia do diploma ou certificado Celga 2. Concurso-oposición libre.
– Seis prazas (6) de legoeiros/as, subgrupo AP. Non é necesaria ningunha titulación do sistema educativo. Copia do diploma ou certificado Celga 2. Concurso-oposición libre.
I.C) Prazas reservadas para persoas con discapacidade: incluídas nas prazas descritas nas epígrafes I.A) funcionarios/as (categoría de auxiliar da Administración xeral) e I.B) prazas de persoal laboral fixo (categorías profesionais de operario/a sen cualificar).
Persoas con discapacidade en xeral:
– Unha praza (1) de auxiliar da Administración xeral, subgrupo C2, escala da Administración xeral, subescala auxiliar. Título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente. Copia do diploma ou certificado Celga 3. Oposición libre. Praza reservada para persoas con discapacidade en xeral.
– Unha praza (1) de operario/a sen cualificar, subgrupo AP. Non é necesaria ningunha titulación do sistema educativo. Copia do diploma ou certificado Celga 2. Concurso-oposición libre. Praza reservada para persoas con discapacidade en xeral.
No caso de que estas prazas non sexan cubertas por unha persoa con discapacidade, acumularanse ás da convocatoria ordinaria e poderán ser cubertas por persoas sen discapacidade que superen os procesos selectivos correspondentes.
II. Prazas de promoción interna:
II.A) Prazas de funcionarios de promoción interna vertical:
– Unha praza (1) técnico/a superior de Administración financeira e tributaria, subgrupo A1, escala de Administración especial, subescala técnica. Clase técnico/a superior. Título universitario de grao ou calquera outro título oficial universitario nivel 3 do Marco español de cualificacións para a educación superior (nivel 7 do Marco europeo de cualificacións) en calquera rama do coñecemento. Copia do diploma ou certificado Celga 4. Concurso-oposición.
– Unha praza (1) de técnico/a superior en Sistemas e Tecnoloxías da Información, subgrupo A1, escala de Administración especial, subescala de servizos especiais. Clase prazas de funcións especiais. Título universitario de grao en Enxeñaría Informática, de Sistemas e Servizos de Telecomunicacións, de Redes de Telecomunicación, Electrónica de Telecomunicacións ou en Sistemas de Telecomunicación, ou calquera outro título oficial universitario nivel 3 do Marco español de cualificacións para a educación superior (nivel 7 do Marco europeo de cualificacións) nesta rama do coñecemento. Copia do diploma ou certificado Celga 4. Concurso-oposición.
– Unha praza (1) de técnico/a superior en Desenvolvemento Local e Fondos Europeos, subgrupo A1, escala de Administración especial, subescala de servizos especiais. Clase praza de funcións especiais. Título universitario de grao ou calquera outro título oficial universitario nivel 3 do Marco español de cualificacións para a educación superior (nivel 7 do Marco europeo de cualificacións) en calquera rama do coñecemento. Copia do diploma ou certificado Celga 4. Concurso-oposición.
– Quince prazas (15) de administrativos/as da Administración xeral, subgrupo C1, escala da Administración xeral, subescala administrativa. Título de bacharelato, técnico ou equivalente, ou unha antigüidade de dez anos na subescala C2, ou de cinco anos e a superación dun curso de formación específica relacionado coas funcións da praza sobre xestións e técnicas de organización do traballo administrativo ou réxime administrativo, impartido pola Deputación Provincial de Ourense. Copia do diploma ou certificado Celga 4. Concurso-oposición.
– Unha praza (1) de técnico/a auxiliar informático/a, subgrupo C1, escala de Administración especial, subescala de servizos especiais. Clase prazas de funcións especiais. Título de bacharelato, técnico ou equivalente, ou unha antigüidade de dez anos na subescala C2, ou de cinco anos e a superación dun curso de formación específica relacionado coas funcións da praza sobre xestións e técnicas de organización do traballo administrativo ou réxime administrativo, impartido pola Deputación Provincial de Ourense. Copia do diploma ou certificado Celga 4. Concurso-oposición.
– Unha praza (1) de auxiliar informático/a, subgrupo C2, escala de Administración especial, subescala servizos especiais. Clase praza de funcións especiais. Título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente. Copia do diploma ou certificado Celga 3. Concurso-oposición.
II.B) Prazas de laborais de promoción interna vertical:
– Dúas prazas (2) de oficiais de obras e servizos, subgrupo C1. Título de bacharelato, técnico ou equivalente, ou unha antigüidade de dez anos na subescala C2, ou de cinco anos e a superación dun curso de formación específica relacionado coas funcións da praza, impartido pola Deputación Provincial de Ourense. Copia do diploma ou certificado Celga 4. Concurso-oposición.
– Unha praza (1) de chofer especialista, subgrupo C2. Título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente. Carné de conducir C+E e mais CAP. Copia do diploma ou certificado Celga 3. Concurso-oposición.
– Catro prazas (4) de axudantes/as de obras e servizos, subgrupo C2. Título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente. Copia do diploma ou certificado Celga 3. Concurso-oposición.
– Unha praza (1) de albanel, subgrupo C2. Título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente. Copia do diploma ou certificado Celga 3. Concurso-oposición.
– Tres prazas (3) de choferes operarios/as do lixo, subgrupo C2. Título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente. Carné de conducir C+E e mais CAP. Copia do diploma ou certificado Celga 3. Concurso-oposición.
– Dúas prazas (2) de auxiliares de servizos, subgrupo C2. Título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente. Copia do diploma ou certificado Celga 3. Concurso-oposición.
– Dúas prazas (2) de condutores/as de maquinaria de obras públicas e vehículos especiais, subgrupo C2. Título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente. Carné de conducir C+E e mais CAP. Copia do diploma ou certificado Celga 3. Concurso-oposición.
– Unha praza (1) de condutor/a especialista de explotacións agropecuarias, subgrupo C2. Título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente. Carné de conducir C+E e mais CAP. Copia do diploma ou certificado Celga 3. Concurso-oposición.
– Unha praza (1) de oficial/a de taller-mecánico/a, subgrupo C2. Título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente. Copia do diploma ou certificado Celga 3. Concurso-oposición.
II.C) Prazas reservadas a persoas con discapacidade: incluídas nas prazas descritas nas epígrafes II.B) promoción interna das prazas laborais.
Persoas con discapacidade en xeral:
– Unha praza (1) auxiliar de servizos, subgrupo C2. Título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente. Copia do diploma ou certificado Celga 3. Concurso-oposición. Praza reservada para persoas con discapacidade en xeral.
– Unha praza (1) axudante/a de obras e servizos, subgrupo C2. Título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente. Copia do diploma ou certificado Celga 3. Concurso-oposición. Praza reservada para persoas con discapacidade en xeral.
No caso de que estas prazas non sexan cubertas por unha persoa con discapacidade, acumularanse ás da convocatoria ordinaria e poderán ser cubertas por persoas sen discapacidade que superen os procesos selectivos correspondentes.
O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días naturais seguintes ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado (BOE).
O prazo de presentación de solicitudes de (20) días naturais; para o caso das prazas de promoción interna de laborais, será a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG).
As solicitudes poderanse presentar na Oficina de Asistencia ao Cidadán en Materia de Rexistro da Deputación Provincial ou en calquera dos lugares establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
As modalidades de presentación son as seguintes:
a) De forma presencial, mediante a presentación en papel da solicitude e da documentación anexa na Oficina de Asistencia ao Cidadán en Materia de Rexistro da Deputación Provincial ou en calquera dos lugares recollidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
b) De forma telemática, a través do Rexistro electrónico xeral da sede electrónica da Deputación Provincial, no enderezo https://sede.depourense.es
No mesmo prazo xustificarase o aboamento dos dereitos de exame, polos seguintes importes, e achegarase coa solicitude o xustificante correspondente: para as prazas do subgrupo A1, 19 euros; subgrupo A2, 17 euros; subgrupo C1, 15 euros; para as prazas do grupo C2, 13 euros; para as prazas de agrupacións profesionais sen requisito de titulación, 10 euros.
Os sucesivos anuncios relativos a esta convocatoria publicaranse exclusivamente na sede electrónica, na páxina web www.depourense.es e no BOP de Ourense, cando proceda, de conformidade coas bases das probas selectivas.
Publícase isto de conformidade co que dispón o artigo 233.3 da Lei 5/1997, de Administración local de Galicia.
Ourense, 7 de abril de 2026
Luis Menor Pérez
Presidente da Deputación Provincial de Ourense
