O Pleno do Concello de Sanxenxo, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 30 de marzo de 2026, acordou aprobar definitivamente o Plan parcial do SU 5 do Plan xeral de ordenación municipal de Sanxenxo, no lugar de Seixal, parroquia de Padriñán, do concello de Sanxenxo.
O plan definitivamente aprobado estará á disposición das persoas interesadas no Rexistro de Ordenación do Territorio e Planeamento Urbanístico de Galicia e na sede electrónica do Concello de Sanxenxo (https://concellodesanxenxo.sedelectronica.gal)
De conformidade co disposto no artigo 112.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que aproba unha disposición de carácter xeral, contra o presente Acordo poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous (2) meses, contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Todo iso sen prexuízo de que poida interpoñerse calquera outro recurso que se xulgue máis conveniente a dereito.
Sanxenxo, 15 de abril de 2026
Marcos Guisasola Padín
Alcalde accidental
