De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, resultando infrutuosos os intentos de notificación e/ou por ser descoñecido o domicilio dos titulares, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o intento de mutuo acordo efectuado no expediente de expropiación forzosa para a execución da obra do proxecto de trazado para o Fomento da mobilidade sustentable. Nova senda na OU-402. Treito: Reza, pp.qq. 1+090-3+780, clave OU/21/145.06, no concello de Ourense.
As persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para comparecer nas oficinas da sede do Servizo Provincial de Ourense da AXI, sito na rúa Sáenz Díez, 1 (Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do intento de mutuo acordo e constancia de tal coñecemento.
Transcorrido dito prazo de dez (10) días sen efectuarse comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte o do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Ourense, 15 de abril de 2026
Natalia Varela Casal
Xefa do Servizo Provincial de Ourense
ANEXO
|
Predio |
Referencia catastral |
Persoa interesada |
|
4 |
1696836NG9819N |
34486783P 34604687Z 34965556J |
|
11 |
1696845NG9819N |
Descoñecida |
|
14 |
1395308NG9819N |
34486282J |
|
20 |
32900A20200092 |
Descoñecida |
