A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o día 25 de marzo de 2026, ditou resolución de recurso potestativo de reposición recaída no expediente de reposición da legalidade urbanística PON/275/2016.
Ao non poderse realizar a notificación persoal desta resolución á persoa interesada con documento nacional de identidade 35200222X, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada a devandita resolución por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle á persoa interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica se atopa ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.
Contra a devandita resolución, que é definitiva en vía administrativa, a persoa interesada pode interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous (2) meses, ante a sección do contencioso-administrativo do tribunal de instancia en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Para que conste e lle sirva de notificación á citada persoa interesada en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.
Santiago de Compostela, 14 de abril de 2026
María Victoria Núñez López
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística
