A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal recibiu un oficio do Tribunal de Instancia praza nº 1 da Sección do Social de Santiago de Compostela, polo que solicita o emprazamento de cantos aparezan como persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo IAA 652/2025, en relación co proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, en categorías do grupo III de persoal laboral da Xunta de Galicia, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro).
En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a achega dos correspondentes expedientes administrativos ao referido tribunal. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos ao referido tribunal no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da súa publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 8 de abril de 2026
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
