DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Mércores, 29 de abril de 2026 Páx. 25984

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

ANUNCIO do 13 de abril de 2026, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, polo que se notifica o acordo de incoación do procedemento sancionador S-O-01.26.

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural ditou en data 9.2.2026 acordo de incoación do procedemento sancionador que se indica, por infracción tipificada na Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia (LPCG). Intentada a notificación persoal deste acordo, non foi posible a súa práctica.

Por este anuncio, e segundo dispoñen os artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázase a persoa interesada que se indica no anexo para ser notificada por comparecencia do acto cuxo contido se indica. A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, na sede do Servizo de Vixilancia e Inspección da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, na Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, no Edificio Administrativo San Caetano, 3, 2º andar, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no devandito taboleiro de edictos único. Transcorrido o prazo sinalado sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo.

Santiago de Compostela, 13 de abril de 2026

Ángel Miramontes Carballada
Director xeral de Patrimonio Cultural

ANEXO

Procedemento sancionador: S-O-01.26 A Teixeira (Ourense).

DNI/CIF da persoa interesada: 34954764P.

Acto notificado: acordo de incoación de procedemento sancionador.