DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Mércores, 29 de abril de 2026 Páx. 26011

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comunidade Traída de Augas de San Juan de Cabeiro-Redondela

ANUNCIO da convocatoria da asemblea xeral ordinaria.

Beni Díaz Ameneiro, con DNI ***7915**, actuando como presidente da Comunidade Traída de Augas de San Juan de Cabeiro-Redondela, mediante este anuncio convoco o vindeiro día 31 de maio de 2026, no Centro Cultural de Cabeiro (Redondela-Pontevedra), ás 10.30 horas en primeira convocatoria e ás 11.00 horas en segunda, a asemblea xeral ordinaria conforme a seguinte orde do día e aprobación, se for o caso, do que proceda:

1. Lectura da acta anterior.

2. Informe do presidente.

3. Aprobación de contas.

4. Ratificación de cotas e litros de consumo diario.

5. Altas, baixas e cambios de titularidade.

6. Expedientes dos usuarios nº 175 e nº 27.

7. Xunta Directiva, Xurado e suplentes.

8. Rogos e preguntas.

Redondela, 8 de abril de 2026

Beni Díaz Ameneiro
Presidente da Comunidade Traída de Augas
de San Juan de Cabeiro-Redondela