DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Mércores, 29 de abril de 2026 Páx. 26010

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comunidade de Regantes de Regoufe-Seixos

ANUNCIO da convocatoria da asemblea xeral ordinaria.

Amadeo Rey Couceiro, veciño do lugar de Regoufe, núm. 107, parroquia de Santa María de Luou, concello de Teo (A Coruña), mediante este anuncio convoco á asemblea xeral todos os usuarios de augas, co fin de constituírse en Comunidade de Regadores, que terá lugar o 23 de maio de 2026, ás 10.00 e ás 10.30 horas, en primeira e segunda convocatoria, respectivamente, no lugar de Regoufe, núm. 112, coa seguinte orde do día:

1.1. Formar unha relación nominal de usuarios.

1.2. Aprobar as bases ás cales, dentro da lexislación vixente, teñen que axustarse os proxectos de ordenanzas e regulamentos, polos cales se rexerá a Comunidade.

1.3. Designación dos membros que integrarán a Xunta de Goberno, encargada da dirección da Comunidade e da redacción das ordenanzas e regulamentos.

1.4. Rogos e preguntas.

Regoufe, 7 de abril de 2026

Amadeo Rey Couceiro
Representante da Comunidade de Regantes de Regoufe-Seixos