No Boletín Oficial da provincia número 63, do 6 de abril de 2026, publícase un anuncio relativo á rectificación da oferta de emprego público (OEP) do ano 2025, nos seguintes termos:
Elimínase, por duplicidade, unha praza de técnico/a auxiliar en educación nocturna, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase auxiliar, pertencente ao subgrupo C1 e con sistema de acceso por oposición libre.
Inclúese no seu lugar unha nova praza de enxeñeiro/a técnico/a industrial, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase medio, pertencente ao subgrupo A2, pasando a figurar na OEP de 2025 dúas prazas para cubrir polo sistema de acceso de oposición libre, en lugar dunha praza que figuraba inicialmente.
Pontevedra, 7 de abril de 2026
O presidente da Deputación Provincial de Pontevedra
P.D. (R.P. núm. 2025008021, do 3.10.2025)
Jesús Vázquez Almuíña
Deputado delegado de Turismo, Transparencia e Administración Xeral
