No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 074, do 1 de abril de 2026, publicáronse as bases reitoras para a cobertura en interinidade dun posto de educador/a social e creación dunha bolsa de espera na categoría de educador/a social (grupo A2), aprobada mediante o Decreto da Alcaldía do 24 de marzo de 2026, con carácter de contrato laboral de substitución mentres no se dá cobertura ao posto polo procedemento ordinario, mediante o sistema de concurso-oposición libre.
O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.
Sober, 1 de abril de 2026
Luis Fernández Guitián
Alcalde
