No Diario Oficial de Galicia número 246, do 22 de decembro de 2026, publicouse a Resolución do 8 de decembro de 2025 pola que se aproban as bases, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a festivais do sector audiovisual que se celebran en Galicia e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento CT215B).
De conformidade co artigo 18.3 das bases reguladoras, a resolución será ditada pola persoa titular da Presidencia do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), por delegación do Consello Reitor (d.a. do Acordo do 24 de xullo de 2012; DOG número 164, do 29 de agosto) e por proposta do órgano instrutor, segundo o previsto no artigo 18.1.
Así mesmo, os artigos 11 e 18.4 das bases establecen que se publicará no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, que determina que esta publicación producirá os efectos da notificación.
Polo exposto, tras a presentación das solicitudes, unha vez finalizadas a instrución e a fiscalización, e tras ser ditada o día 15 de abril de 2026 a resolución que finaliza o procedemento,
RESOLVO:
Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 15 de abril de 2026 de concesión das axudas convocadas ao abeiro da Resolución do 8 de decembro de 2025 pola que se aproban as bases, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a festivais do sector audiovisual que se celebran en Galicia e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento CT215B), que se xunta como anexo desta resolución.
Segundo. Comunicar que a Resolución do 15 de abril de 2026, que finaliza este procedemento, esgota a vía administrativa e contra ela poderase interpor potestativamente un recurso de reposición ante o mesmo órgano que a ditou no prazo dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Esta resolución tamén poderá ser impugnada directamente ante os xulgados do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 17 de abril de 2026
Jacobo Sutil Nesta
Director da Axencia Galega das Industrias Culturais
ANEXO
Resolución do 15 de abril de 2026 de concesión das axudas convocadas ao abeiro da Resolución do 8 de decembro de 2025 pola que se aproban as bases, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a festivais do sector audiovisual que se celebran en Galicia e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento CT215B)
Antecedentes administrativos:
1. O día 22 de decembro de 2025 publicouse a Resolución do 8 de decembro 2025 pola que se aproban as bases, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a festivais do sector audiovisual que se celebran en Galicia e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento CT215B).
2. Unha vez rematado o prazo para presentar as solicitudes, o día 22 de xaneiro de 2026 estúdanse as solicitudes recibidas, que son as relacionadas no anexo I, e a comprobación da documentación complementaria presentada, e realízanse os pertinentes requirimentos.
3. O día 26 de marzo reúnese a Comisión Avaliadora, nomeada pola Resolución do director da Agadic o 4 de marzo de 2026, para o estudo e a análise das solicitudes que se relacionan no anexo II por seren as que cumpren co establecido nas bases da convocatoria.
Tras esta reunión, a Comisión deAvaliación remitiu a acta e o seu informe coa relación de solicitudes e a puntuación acadada por cada unha delas en aplicación dos criterios establecidos nas bases. Esta relación coa puntuación expresada de maior a menor está recollida no anexo III.
4. O día 10 de abril de 2026, unha vez instruído o procedemento e entregado o informe preceptivo por parte da Comisión Avaliadora, o director da Agadic, como órgano instrutor, emitiu un informe e ditou unha proposta de resolución en que se indica o número de solicitudes presentadas, as admitidas, as desestimadas por non acadaren a puntuación mínima establecida nas bases da convocatoria e as solicitudes susceptibles de percibiren subvención co importe económico que se propón para cada unha delas.
Consideracións legais e técnicas:
1. É competente para resolver a concesión da subvención o presidente do Consello Reitor da Agadic, de conformidade co disposto no artigo 18.3 da Resolución do 8 de decembro de 2026, pola que se aproban as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a festivais do sector audiovisual (CT215B).
2. Todos os expedientes das solicitudes da subvención a festivais do sector audiovisual, ao abeiro da convocatoria para o ano 2026, co código de procedemento CT215B, foron tramitados e estudados conforme as bases desta.
3. O día 26 de marzo de 2026, reuniuse a Comisión de Avaliación para o estudo e a análise das solicitudes que se relacionan no anexo II e emitiu o seu informe coa relación de solicitudes e a súa puntuación expresada de maior a menor recollida no anexo III.
4. O 10 de abril de 2026, o director da Agadic, visto o informe da Comisión Avaliadora, emitiu o seu informe e presentou a súa proposta de resolución de conformidade co artigo 18.1 das bases reguladores.
Por todo o anteriormente exposto, tras examinar a proposta de resolución do director da Agadic, e de conformidade con ela,
RESOLVO:
Admitir as solicitudes que se relacionan no anexo II por cumprir os requisitos establecidos pola convocatoria.
Conceder a subvención, polos importes que se expresan, por cumprir os requisitos establecidos na convocatoria ás entidades solicitantes que se relacionan no anexo IV.
Desestimar as solicitudes que se relacionan no anexo V por non acadaren a puntuación mínima exixida nas bases da convocatoria para ser subvencionadas.
Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderán interporse os seguintes recursos, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente:
a) Recurso potestativo de reposición ante o presidente do Consello Reitor da Agadic. O prazo para interpor o recurso de reposición será dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG. Unha vez transcorrido o devandito prazo, unicamente se poderá interpor recurso contencioso-administrativo, sen prexuízo, de ser o caso, da procedencia do recurso extraordinario de revisión.
b) Recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación da resolución.
Esta resolución notificaráselle á entidade interesada, de xeito complementario á súa publicación.
Santiago de Compostela, 17 de abril de 2026. José Carlos López Campos, Presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais.
ANEXO I
Solicitudes recibidas
|
Expediente |
NIF |
Solicitante |
Proxecto |
|
AG/S/2026FC/A/0001 |
G94137379 |
Asociación Curtas Filmfest |
Curtas Festival do Imaxinario 2026 |
|
AG/S/2026FC/A/0002 |
G36466670 |
Asociación Cultural Enfoques-Tui |
Play-Doc Festival Intl. de Cinema e Documental de Tui. 22ª Edición |
|
AG/S/2026FC/A/0003 |
G15037195 |
Padroado do Museo do Pobo Galego |
21 MICE. Mostra Intl. de Cinema Etnográfico Museo do Pobo Galego |
|
AG/S/2026FC/A/0004 |
G70232525 |
eSe8 Asociación Cultural |
(S8) XVII Mostra Intl. de Cinema Periférico da Coruña |
|
AG/S/2026FC/A/0005 |
Q1500340C |
Auditorio de Galicia |
Festival Intl. de Cinema Curtocircuíto 2026 |
|
AG/S/2026FC/A/0006 |
G94151610 |
Asociación Cultural e Cinematográfica Novos Cinemas |
Novos Cinemas. Fest. Intl. de Cinema de Pontevedra. Edición 10ª |
|
AG/S/2026FC/A/0007 |
P1501900C |
Concello de Carballo |
Festival Carballo Interplay |
|
AG/S/2026FC/A/0008 |
P1505800A |
Concello de Noia |
Mostra de Curtametraxes Vila de Noia |
|
AG/S/2026FC/A/0009 |
G70270293 |
Fundación Galicia Obra Social |
Imaxinaria. IV Festival de Animación Afundación |
|
AG/S/2026FC/A/0010 |
G94146362 |
Asociación Cultural Cinematográfica de Galicia FICBueu |
19ª Edición do Festival Internacional de Cinema de Bueu |
|
AG/S/2026FC/A/0011 |
G44878452 |
Asociación Cultural Mares da Fin do Mundo |
VIII Mostra Intl. de Cinema Documental Mares da Fin do Mundo |
|
AG/S/2026FC/A/0012 |
G27877703 |
Asociación Cultural Abella Producións |
Galician Freaky Film Festival 2026. X Edición |
|
AG/S/2026FC/A/0013 |
G36442192 |
Asociación Cultural e Deportiva do Porriño Arela |
XXIII Festival de Cans de Curtametraxes 2026 |
|
AG/S/2026FC/A/0014 |
G70080015 |
Asociación Cultural Albatros |
Intersección 2026 |
|
AG/S/2026FC/A/0015 |
G70596184 |
Asociación Cormorán Cinema |
Cormorán Film Fest 2026 |
ANEXO II
Solicitudes admitidas para avaliación
|
Expediente |
NIF |
Solicitante |
Proxecto |
|
AG/S/2026FC/A/0001 |
G94137379 |
Asociación Curtas Filmfest |
Curtas Festival do Imaxinario 2026 |
|
AG/S/2026FC/A/0002 |
G36466670 |
Asociación Cultural Enfoques-Tui |
Play-Doc Festival Intl. de Cinema e Documental de Tui. 22ª edición |
|
AG/S/2026FC/A/0003 |
G15037195 |
Padroado do Museo do Pobo Galego |
21 MICE. Mostra Intl. de Cinema Etnográfico Museo do Pobo Galego |
|
AG/S/2026FC/A/0004 |
G70232525 |
eSe8 Asociación Cultural |
(S8) XVII Mostra Intl. de Cinema Periférico da Coruña |
|
AG/S/2026FC/A/0005 |
Q1500340C |
Auditorio de Galicia |
Festival Intl. de Cinema Curtocircuíto 2026 |
|
AG/S/2026FC/A/0006 |
G94151610 |
Asociación Cultural e Cinematográfica Novos Cinemas |
Novos Cinemas. Fest. Intl. de Cinema de Pontevedra. Edición 10ª |
|
AG/S/2026FC/A/0007 |
P1501900C |
Concello de Carballo |
Festival Carballo Interplay |
|
AG/S/2026FC/A/0008 |
P1505800A |
Concello de Noia |
Mostra de Curtametraxes Vila de Noia |
|
AG/S/2026FC/A/0009 |
G70270293 |
Fundación Galicia Obra Social |
Imaxinaria. IV Festival de Animación Afundación |
|
AG/S/2026FC/A/0010 |
G94146362 |
Asociación Cultural Cinematográfica de Galicia FICBueu |
19ª Edición do Festival Internacional de Cinema de Bueu |
|
AG/S/2026FC/A/0011 |
G44878452 |
Asociación Cultural Mares da Fin do Mundo |
VIII Mostra Intl. de Cinema Documental Mares da Fin do Mundo |
|
AG/S/2026FC/A/0012 |
G27877703 |
Asociación Cultural Abella Producións |
Galician Freaky Film Festival 2026. X edición |
|
AG/S/2026FC/A/0013 |
G36442192 |
Asociación Cultural e Deportiva do Porriño Arela |
XXIII Festival de Cans de Curtametraxes 2026 |
|
AG/S/2026FC/A/0014 |
G70080015 |
Asociación Cultural Albatros |
Intersección 2026 |
|
AG/S/2026FC/A/0015 |
G70596184 |
Asociación Cormorán Cinema |
Cormorán Film Fest 2026 |
ANEXO III
Solicitudes por orde de prelación segundo a puntuación obtida
|
Expediente |
Solicitante |
Proxecto |
Bloque A |
Bloque B |
Bloque C |
Total |
|
AG/S/2026FC/A/0004 |
eSe8 Asociación Cultural |
(S8) XVII Mostra Intl. de Cinema Periférico da Coruña |
25,00 |
23,42 |
28,91 |
77,33 |
|
AG/S/2026FC/A/0002 |
Asociación Cultural Enfoques-Tui |
Play-Doc. Festival Intl. de Cinema e Documental de Tui. 22ª edición |
23,00 |
23,17 |
26,50 |
72,67 |
|
AG/S/2026FC/A/0013 |
Asociación Cultural e Deportiva do Porriño Arela |
XXIII Festival de Cans de Curtametraxes 2026 |
25,00 |
19,17 |
25,50 |
69,67 |
|
AG/S/2026FC/A/0014 |
Asociación Cultural Albatros |
Intersección 2026 |
21,00 |
17,58 |
24,00 |
62,58 |
|
AG/S/2026FC/A/0010 |
Asociación Cultural Cinematográfica de Galicia FICBueu |
19ª edición do Festival Internacional de Cinema de Bueu |
25,00 |
16,75 |
20,83 |
62,58 |
|
AG/S/2026FC/A/0006 |
Asociación Cultural e Cinematográfica Novos Cinemas |
Novos Cinemas. Fest. Intl. de Cinema de Pontevedra. Edición 10ª |
17,50 |
17,08 |
23,92 |
58,50 |
|
AG/S/2026FC/A/0005 |
Auditorio de Galicia |
Festival Intl. de Cinema Curtocircuíto 2026 |
19,00 |
20,33 |
17,67 |
57,00 |
|
AG/S/2026FC/A/0012 |
Asociación Cultural Abella Producións |
Galician Freaky Film Festival 2026. X Edition |
21,00 |
12,58 |
21,00 |
54,58 |
|
AG/S/2026FC/A/0003 |
Padroado do Museo do Pobo Galego |
21 MICE. Mostra Intl. de Cinema Etnográfico Museo do Pobo Galego |
17,00 |
15,08 |
15,42 |
47,50 |
|
AG/S/2026FC/A/0001 |
Asociación Curtas Filmfest |
Curtas Festival do Imaxinario 2026 |
18,00 |
10,92 |
18,33 |
47,25 |
|
AG/S/2026FC/A/0007 |
Concello de Carballo |
Festival Carballo Interplay |
13,75 |
16,00 |
17,50 |
47,25 |
|
AG/S/2026FC/A/0008 |
Concello de Noia |
Mostra de Curtametraxes Vila de Noia |
19,00 |
7,67 |
15,50 |
42,17 |
|
AG/S/2026FC/A/0011 |
Asociaicón Cultural Mares da Fin do Mundo |
VIII Mostra Intl. de Cinema Documental Mares da Fin do Mundo |
13,25 |
7,67 |
16,25 |
37,17 |
|
AG/S/2026FC/A/0009 |
Fundación Galicia Obra Social |
Imaxinaria. IV Festival de Animación Afundación |
11,25 |
8,75 |
16,17 |
36,17 |
|
AG/S/2026FC/A/0015 |
Asociación Cormorán Cinema |
Cormorán Film Fest 2026 |
12,00 |
7,75 |
14,50 |
34,25 |
ANEXO IV
Solicitudes subvencionadas
|
Expediente |
NIF |
Solicitante |
Proxecto |
Importe solicitado |
Importe concedido |
|
AG/S/2026FC/A/0004 |
G70232525 |
eSe8 Asociación Cultural |
(S8) XVII Mostra Intl. de Cinema Periférico da Coruña |
50.000,00 € |
46.871,56 € |
|
AG/S/2026FC/A/0002 |
G36466670 |
Asociación Cultural Enfoques-Tui |
Play-Doc Festival Intl. de Cinema e Documental de Tui. 22ª edición |
50.000,00 € |
44.043,11 € |
|
AG/S/2026FC/A/0013 |
G36442192 |
Asociación Cultural e Deportiva do Porriño Arela |
XXIII Festival de Cans de Curtametraxes 2026 |
45.000,00 € |
38.002,33 € |
|
AG/S/2026FC/A/0014 |
G70080015 |
Asociación Cultural Albatros |
Intersección 2026 |
50.000,00 € |
37.931,62 € |
|
AG/S/2026FC/A/0010 |
G94146362 |
Asociación Cultural Cinematográfica de Galicia FICBueu |
19ª edición do Festival Internacional de Cinema de Bueu |
50.000,00 € |
37.931,62 € |
|
AG/S/2026FC/A/0006 |
G94151610 |
Asociación Cultural e Cinematográfica Novos Cinemas |
Novos Cinemas. Fest. Intl. de Cinema de Pontevedra. Edición 10ª |
35.000,00 € |
24.819,71 € |
|
AG/S/2026FC/A/0005 |
Q1500340C |
Auditorio de Galicia |
Festival Intl. de Cinema Curtocircuíto 2026 |
40.000,00 € |
27.638,06 € |
|
AG/S/2026FC/A/0012 |
G27877703 |
Asociación Cultural Abella Producións |
Galician Freaky Film Festival 2026. X edición |
15.000,00 € |
9.924,85 € |
|
AG/S/2026FC/A/0003 |
G15037195 |
Padroado do Museo do Pobo Galego |
21 MICE. Mostra Intl. de Cinema Etnográfico Museo do Pobo Galego |
15.000,00 € |
8.636,89 € |
|
AG/S/2026FC/A/0001 |
G94137379 |
Asociación Curtas Filmfest |
Curtas Festival do Imaxinario 2026 |
39.000,00 € |
22.337,73 € |
|
AG/S/2026FC/A/0007 |
P1501900C |
Concello de Carballo |
Festival Carballo Interplay |
20.711,05 € |
11.862,52 € |
ANEXO V
Solicitudes desestimadas por non superaren a puntuación mínima exixida no artigo 16 das bases reguladoras
|
Expediente |
NIF |
Solicitante |
Proxecto |
|
AG/S/2026FC/A/0008 |
P1505800A |
Concello de Noia |
Mostra de Curtametraxes Vila de Noia |
|
AG/S/2026FC/A/0011 |
G44878452 |
Asociación Cultural Mares da Fin do Mundo |
VIII Mostra Intl. de Cinema Documental Mares da Fin do Mundo |
|
AG/S/2026FC/A/0009 |
G70270293 |
Fundación Galicia Obra Social |
Imaxinaria. IV Festival de Animación Afundación |
|
AG/S/2026FC/A/0015 |
G70596184 |
Asociación Cormorán Cinema |
Cormorán Film Fest 2026 |
