De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño) pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e no uso das atribucións conferidas polo Decreto 134/2019, do 10 de outubro, polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia (DOG núm. 204, do 25 de outubro), o xerente da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés
RESOLVE:
Primeiro. Anunciar a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de coordinador/a de atención primaria do Servizo de Atención Primaria Virxe Peregrina (Pontevedra), que se relaciona no anexo I.
Segundo. As retribucións do posto ofertado serán as que correspondan de acordo coa orde anual pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.
Terceiro. As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse preferentemente no Rexistro da Área Sanitaria Pontevedra e O Salnés, sito na rúa Loureiro Crespo, nº 2, de Pontevedra, ou a través de calquera dos procedementos do artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de quince (15) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Cuarto. As bases íntegras da convocatoria estarán expostas na intranet da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).
Pontevedra, 15 de abril de 2026
José Manuel Flores Arias
Xerente da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés
ANEXO I
Postos
|
Denominación |
Postos |
Centro |
|
Coordinador/a de atención primaria |
1 |
Servizo de Atención Primaria Virxe Peregrina (Pontevedra) (Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés) |
