DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Xoves, 30 de abril de 2026 Páx. 26139

IV. Oposicións e concursos

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 2026 pola que se resolve o proceso de selección para cubrir un posto de persoal directivo (director/a da Área de Innovación Empresarial).

De conformidade co establecido no punto 12 das bases da convocatoria que rexe o proceso de selección para cubrir un posto de persoal directivo, concretamente director/a da Área de Innovación Empresarial, convocado pola Resolución do 10 de marzo de 2026, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 50, do 16 de marzo; en uso das facultades conferidas pola Resolución do 17 de outubro de 2023 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba o texto refundido que recolle as delegacións de facultades na Dirección Xeral, e tendo en conta a lista definitiva coas puntuacións do proceso selectivo aprobada pola Comisión de Selección designada para cualificar as persoas aspirantes no dito proceso de selección, así como a proposta que formulou a dita comisión por medio da Resolución do 28 de abril de 2026,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a proposta formulada pola Comisión de Selección na súa Resolución do 28 de abril de 2026, que foi publicada na páxina web do Igape, para o posto de director/a da Área de Innovación Empresarial, coa candidata:

María Rosa Méndez Calvo, con DNI (*) ***7197**.

*O DNI amósase cifrado co fin de protexer os datos de carácter persoal.

Segundo. Solicitarlle á candidata seleccionada que acepte o posto no prazo de tres (3) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución na páxina web do Igape (www.igape.es).

Terceiro. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular un recurso potestativo de reposición ante a Dirección Xeral do Igape no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses, contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 28 de abril de 2026

Covadonga Toca Carús
Directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica