Mediante a Resolución da directora da Axencia Galega de Infraestruturas, do 23 de abril de 2026, aprobouse provisionalmente o estudo informativo e estudo de impacto ambiental referido, que se tramitará segundo o disposto na Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e no Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia.
Considerando o exposto e o establecido na normativa vixente,
ACORDO:
Primeiro. Someter ao trámite de información pública o estudo informativo das variantes leste e oeste de Viveiro, de clave GA/18/029.01.2, nos concellos do Vicedo e Viveiro (Lugo), para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular, por escrito dirixido á Axencia Galega de Infraestruturas, as alegacións que xulguen convenientes relativas á concepción global da actuación e das distintas alternativas analizadas, se é o caso, de acordo co disposto no artigo 21 da Lei 8/2013 e no artigo 50 do Decreto 66/2016.
Segundo. Someter ao trámite de información pública o estudo de impacto ambiental das variantes leste e oeste de Viveiro, de clave GA/18/029.01.2, segundo o disposto no artigo 33 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.
Terceiro. O prazo para presentar alegacións será de trinta (30) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
A documentación do estudo informativo e de impacto ambiental estará á disposición da cidadanía na sede central da Axencia Galega de Infraestruturas, no Servizo de Infraestruturas de Lugo, nas casas dos concellos do Vicedo e Viveiro e na páxina web da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:
https://vivendaeinfraestruturas.xunta.gal/informacion-publica/estudos
Santiago de Compostela, 23 de abril de 2026
María Deza Martínez
Directora da Axencia Galega de Infraestruturas
