Na sesión que tivo lugar o 15 de abril de 2026, o tribunal nomeado pola Resolución do 15 de setembro de 2025 (DOG núm. 182, do 22 de setembro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, mediante o sistema de oposición, na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de recursos naturais e forestais, convocado mediante a Resolución do 4 de xullo de 2025 (DOG núm. 131, do 10 de xullo),
ACORDOU:
Primeiro. De conformidade co disposto na base II.1.1.2 da convocatoria, unha vez efectuada a corrección do segundo exercicio, publicar a cualificación da persoa aspirante:
|
Apelidos e nome |
NIF |
Cualificación do 2º exercicio |
|
Campaña Fernández, Xenxo |
***5424** |
Apto |
Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Terceiro. De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 15 de abril de 2026
Bran Casal Pereira
Presidente do tribunal
