Na sesión que tivo lugar o 22 de abril de 2026, o tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma Galicia, subgrupo A1, convocado pola Resolución do 16 de novembro de 2023 (DOG número 222, do 22 de novembro),
ACORDOU:
Primeiro. Facer pública a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo como anexo I desta resolución, por orde das puntuacións acadadas, con indicación do seu documento nacional de identidade ou equivalente (coas limitacións previstas na normativa en materia de protección de datos de carácter persoal).
De conformidade co disposto na base IV.2, as persoas aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución, para presentar a documentación prevista na citada base.
Segundo. Elevar esta relación á persoa titular da Dirección Xeral de Emprego Publico e Administración de Persoal, para os efectos de que as persoas que figuran nela sexan propostas para o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.
Terceiro. De acordo co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 22 de abril de 2026
Alfonso García Magariños
Presidente do tribunal
ANEXO
Relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo
Convocatoria: subgrupo A1 (promoción interna).
Corpo/escala: corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (2060).
|
Núm. de orde |
DNI/NIE |
Apelidos e nome |
Quenda |
Puntuación |
|
1 |
***9017** |
González Gómez, José Manuel |
Base I.1.1 |
76,745 |
|
2 |
***7694** |
Cruz Lustres, Carlos |
Promoción interna |
74,116 |
|
3 |
***2794** |
González Castro, Mercedes |
Promoción interna |
72,430 |
|
4 |
***2182** |
Iglesia Lema, Begoña de la |
Promoción interna |
72,050 |
|
5 |
***8105** |
Vázquez Gil, Cristina Estrella |
Promoción interna |
71,686 |
|
6 |
***0037** |
Míguez Vázquez, María Elvira |
Promoción interna |
71,650 |
|
7 |
***8874** |
Barreiro García, Marcos |
Promoción interna |
71,526 |
|
8 |
***8322** |
Vales Datorre, José |
Promoción interna |
71,096 |
|
9 |
***6773** |
Sánchez Quiroga, Melania |
Promoción interna |
69,060 |
|
10 |
***8069** |
Rodríguez Vivian, Francisco |
Promoción interna |
68,876 |
|
11 |
***3015** |
Rebolo López, Sandra |
Promoción interna |
67,170 |
|
12 |
***3661** |
López Losada, María Celeste |
Promoción interna |
66,910 |
|
13 |
***3347** |
Castelo Legarreta, Margarita |
Promoción interna |
66,860 |
|
14 |
***7002** |
Guisande Vilas, Leila |
Promoción interna |
66,186 |
|
15 |
***8625** |
Martín Iglesias, Susana |
Promoción interna |
65,768 |
|
16 |
***8571** |
Castro Sanmartín, David |
Promoción interna |
65,046 |
|
17 |
***7362** |
Lorenzo Fernández, Elina |
Promoción interna |
60,606 |
|
18 |
***6945** |
Nores Bóveda, Pedro |
Promoción interna |
58,432 |
|
19 |
***9983** |
Paz Montero, Francisco Javier |
Promoción interna |
56,866 |
