Expediente: IN407A 2024/277-1.
Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación: LMTA BOI802 substitución dos apoios do 9O57ILH2//29-3 ao 9O1NRRH1//29-7.
Concello: Boiro.
1. Características técnicas:
Substitución dos apoios 29-3, 29-4, 29-5, 29-6 e 29-7 da LMTA BOI802 por novos apoios de celosía con cambio de traza.
Liña eléctrica de media tensión aérea (actuación nº 1), a 20 kV, cunha lonxitude de 437 m, con orixe no novo apoio 29-2, condutor de tipo LA-110 mm² e LA-56 mm², e final no novo apoio 29-7. Retensado dos vans adxacentes.
Liña eléctrica de media tensión aérea (actuación nº 2), a 20 kV, cunha lonxitude de 109 m, con orixe no apoio proxectado en substitución do existente 9O2C92TE//29-4, condutor de tipo LA-56 mm² Al, e final no apoio existente 9O17C1X9//29-4-1. Retensado do van adxacente.
2 Lexislación de aplicación:
– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
– Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).
– Resolución do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).
– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).
A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.
A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña (rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9:00 e as 14:00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e Goberno aberto desta consellería:
https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte
Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica, se é o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.
A Coruña, 8 de abril de 2026
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados
Concello de Boiro.
|
Nº de parcela |
Lugar Referencia catastral |
Cultivo |
Titular |
Afección de solo en pleno dominio |
Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica |
||||
|
Apoio nº/centro de transformación |
m² |
ml aér. |
ml sot. |
m² aér. |
m² sot. |
||||
|
2 |
Leira do Muíño 15011A016000940000XH |
Rústico/agrario/matogueira |
Descoñecido |
3.0 |
|||||
|
3 |
Calcadoiro 15011A016002950000XP |
Rústico/agrario/labradío |
María del Carmen López Piñeiro |
Proxectado nº 4 (apoio 9O2SOS5T//29-6) |
2.0 |
1.0 |
220.0 |
||
|
4 |
Calcadoiro 15011A016007670000XB |
Rústico/agrario/labradío |
María del Carmen López Piñeiro |
104.0 |
|||||
|
5 |
Vimieiro 15011A016007810000XM |
Rústico/agrario/labradío |
Descoñecido |
113.0 |
|||||
|
6 |
Calcadoiro 15011A016007800000XF |
Rústico/agrario/labradío |
Descoñecido |
6.0 |
294.0 |
||||
|
7 |
Calcadoiro 15011A016007680000XY |
Rústico/agrario/labradío |
David |
142.0 |
|||||
|
8 |
Calcadoiro 15011A016004730000XS |
Rústico/agrario/labradío |
Descoñecido |
Proxectado nº 3 (apoio 9O2L8DJT//29-5) |
2.0 |
2.0 |
166.0 |
||
|
9 |
Vimieiro 15011A016002990001MQ |
Rústico/agrario/labradío |
Descoñecido |
5.0 |
270.0 |
||||
|
10 |
Vimieiro 15011A016002940001MW |
Rústico/agrario/labradío e prados |
Descoñecido |
88.0 |
1532.0 |
||||
|
11 |
Salgueiral 15011A016002930000XG |
Rústico/agrario/prados |
Descoñecido |
Proxectado nº 2 (apoio 9O2C92TE//29-4) |
2.0 |
8.0 |
772.0 |
||
|
12 |
Salgueiral 15011A016002920000XY |
Rústico/agrario/prados |
Descoñecido |
31.0 |
827.0 |
||||
|
13 |
Salgueiral 15011A016007520000XR |
Rústico/agrario/prados |
Descoñecido |
6.0 |
87.0 |
||||
|
14 |
Salgueiral 5011A016007530000XD |
Rústico/agrario/prados |
Descoñecido |
9.0 |
131.0 |
||||
|
15 |
Salgueiral 5011A016002900000XA |
Rústico/agrario/prados |
Descoñecido |
10.0 |
170.0 |
||||
|
16 |
Vimieiro 15011A016004650000XD |
Rústico/agrario/labradío |
Descoñecido |
4.0 |
64.0 |
||||
|
17 |
Vimieiro 15011A016004710000XJ |
Rústico/agrario/prados |
Descoñecido |
10 |
171.0 |
||||
|
18 |
Vimieiro 15011A016004720000XE |
Rústico/agrario/prados |
Descoñecido |
27.0 |
447.0 |
||||
|
19 |
Vimieiro 15011A016006410000XB |
Rústico/agrario/prados |
Descoñecido |
35.0 |
|||||
Abreviacións:
|
ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais. |
ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais. |
|
m² aér.: superficie de servidume aérea en m². |
m² sot.: superficie de servidume soterrada. |
