Expediente: IN407A 2026/004-2.
Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación: Regulamentación da LMTA CRG806 no tramo entre os apoios núm. 65 e núm. C7GNVW44 (Baralla).
Concello: Baralla.
1. Características técnicas:
• Substitución de 6 apoios de formigón existentes por 6 novos apoios de celosía metálica tipo 3xC-14/1000, 1xC-14/2000, 1xC-18/2000, 1xC-16/3000.
• Substitución do condutor existente tipo Pigeon, entre os apoios núm. 65 e núm. C7GNVW44 por un novo condutor LA-110, cunha lonxitude total de 735 metros.
2. Lexislación de aplicación:
• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
• Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
• Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).
• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
• Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).
A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.
A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Lugo (rolda da Muralla, núm. 70, 2º andar, 27071 Lugo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico enerxia.lugo@xunta.gal así como no taboleiro de anuncios do concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e Goberno aberto desta consellería:
https://economia.xunta.gal/transparencia/instalacions-electricas/baralla-2026
Isto faise público para o coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, se é o caso, achegar as alegacións ou observacións que xulguen axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.
Lugo, 9 de abril de 2026
Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo
ANEXO I
Relación de bens e dereitos afectados polo proxecto de Regulamentación da LMTA CRG806
no tramo entre os apoios núm. 65 e núm. C7GNVW44 (Baralla)
Concello: Baralla.
Expediente: IN407A 2026/004-2.
|
Nº predio |
Polígono |
Parcela |
Lugar |
Cultivo |
Nome e apelidos |
Apoio nº |
Apoio m2 |
Afeccións ml aéreos |
Afeccións m2 aéreos |
|
1 |
76 |
28 |
Outeiro |
Monte alto |
Carlos González Argiz |
66 |
2.0 |
||
|
2 |
76 |
1 |
Outeiro |
Prado |
José Valentín Fernández Ares |
67 |
2.0 |
||
|
3 |
77 |
327 |
Illa |
Monte alto |
Herdeiros de José Ramón López Cedró |
68 |
2.0 |
