José Luis Ramallo Pérez, con DNI ***9657**, actuando como presidente da Comunidade Traída de Augas de Santradán e Ubeiras, por este anuncio convoco para o vindeiro día 31 de maio de 2026, no campo de fútbol de Santo Adrán (Vilaboa-Pontevedra), ás 11.00 horas en primeira convocatoria e ás 11.30 horas en segunda convocatoria, a asemblea xeral ordinaria conforme a seguinte orde do día e a aprobación, de ser o caso, do que proceda:
1. Lectura da acta anterior.
2. Informe do presidente.
3. Contas do exercicio 2025.
4. Futuras obras a curto e longo prazo.
5. Altas, baixas e cambios de titularidade.
6. Autorización á Xunta Directiva para solicitar axudas e subvencións en nome da Comunidade.
7. Rogos e preguntas.
Vilaboa, 7 de abril de 2026
José Luis Ramallo Pérez
Presidente da Comunidade Traída de Augas de Santradán e Ubeiras
