DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Xoves, 30 de abril de 2026 Páx. 26231

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Centro Universitario da Defensa - Escola Naval Militar de Marín

RESOLUCIÓN D26/2026, do 22 de abril, pola que se nomea un profesor permanente laboral na praza PPL-06.

De conformidade coa proposta de provisión elevada pola Comisión de Selección nomeada para xulgar as probas selectivas da praza de profesorado permanente laboral PPL-06 do Centro Universitario da Defensa situado na Escola Naval Militar (en diante, CUD-ENM), convocada pola Resolución D114/2025, do 23 de decembro de 2025 (DOG do 30 de decembro), e presentada polo candidato proposto a documentación a que fai referencia a base 7.1 da convocatoria.

Esta dirección, no uso das súas atribucións, resolveu nomear a Iván Garrido González, con DNI ***3099**, profesor permanente laboral do CUD-ENM.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente formalización do contrato pola persoa interesada.

Marín, 22 de abril de 2026

José Martín Davila
Director do Centro Universitario da Defensa-Escola Naval
Militar de Marín