A Xunta de Goberno Local, na sesión do 27 de marzo de 2026, acordou o nomeamento como persoal funcionario de carreira, con cargo ás prazas vacantes ofertadas na Oferta de Emprego Público 2020-2021-2022, de auxiliar administrativo/a da Administración xeral, enmarcadas no grupo C de titulación, subgrupo C2, escala da Administración xeral, subescala auxiliar, por promoción interna, de:
• N. Seguin Fernández, con DNI ***2892**.
• Y. Alonso Souto, con DNI ***8097**.
• M. Cid Rodríguez, con DNI ***4579**.
As persoas interesadas deberán tomar posesión no prazo dun (1) mes a partir da publicación do nomeamento no Diario Oficial de Galicia. De non o faceren, procederase a declaralas en situación cesante e, consecuentemente, decaídas no seu dereito.
A este nomeamento dáselle publicidade conforme o establecido nas bases do proceso selectivo e na lexislación de función pública vixente.
Vigo, 8 de abril de 2026
O alcalde
P.D. (Resolución da Alcaldía do 28.6.2024)
María Olga Alonso Suárez
Concelleira delegada de Normalización Lingüística, Educación,
Recursos Humanos e Formación
P.D. (Resolución da Alcaldía do 25.9.2025 e acordo
da Xunta de Goberno Local do 7.11.2025)
Patricia Rodríguez Calviño
Concelleira da Área de Goberno de Seguridade, Contratación,
Festas e Xestión Municipal
