No Boletín Oficial da provincia da Coruña (BOP) número 51, do 17 de marzo de 2026, foron publicadas integramente as bases específicas que van rexer a convocatoria para a provisión en propiedade de:
– 1 (unha) praza vacante de persoal funcionario de carreira da escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnicos medios, grupo A, subgrupo A2 de clasificación, denominada traballador/a social.
Sistema selectivo: oposición en quenda libre.
As bases xerais aplicables foron publicadas no BOP núm.104, do 30 de maio de 2024.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.
Sada, 23 de marzo de 2026
Óscar Benito Portela Fernández
Alcalde
