DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Xoves, 30 de abril de 2026 Páx. 26227

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Pino

ANUNCIO de aprobación da corrección do erro material número 1 do Plan xeral de ordenación municipal.

O Pleno municipal, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 25 de marzo de 2026, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar a corrección do erro material nº 1 do PXOM do Pino, consistente na localización da dotación de sistema local D-4 da Escola Unitaria consistente na modificación do Plano de ordenación do termo municipal 2.12 e 2.13, establecendo a correcta situación da dotación D-4, e modificando, en consecuencia, o cadro de equipamento de sistema local, incluído no punto 4.10.2. Docente da páxina 36 da «Memoria de ordenación» do Plan xeral de ordenación municipal.

Modificación plano de ordenación do termo municipal 2.12 e 2.13.

Plano 2-12, Ordenación do termo municipal do PXOM.

Plano 2-13, Ordenación do termo municipal do PXOM.

Modificación de memoria de ordenación.

Segundo. Comunicar este acordo á Dirección Xeral de Urbanismo e publicar o acordo no DOG, de conformidade co previsto no artigo 82 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, así como a súa inscripción no Rexistro de planeamento urbanístico de Galicia.

Terceiro. Facultar a Alcaldía do concello do Pino para cantas actuacións de trámite sexan precisas para a mellor execución do acordado».

O que se fai público para xeral coñecemento.

Os documentos e os trámites de que consta poderanse consultar no Departamento de Urbanismo e no portal de transparencia do Concello na seguinte ligazón:

https://opino.sedelectronica.gal/transparency/b37d776f-35d2-45a2-aeda-0ad4cc469f8d/

O Pino, 9 de abril de 2026

Manuel Taboada Vigo
Alcalde