DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Xoves, 30 de abril de 2026 Páx. 26226

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de aprobación do cambio de uso de equipamento comunitario, previsto no vixente Plan xeral de ordenación municipal.

O Concello Pleno, en sesión que tivo lugar o día 26.2.2026, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar o cambio de uso de equipamento comunitario, previsto no vixente Plan xeral de ordenación municipal de Lugo para a parcela con referencia catastral 7839043PH1673N0001BF, lindante coa avenida Infanta Elena Duquesa de Lugo, polo uso de viario e aparcadoiros, mantendo a titularidade pública dos terreos.

Segundo. Publicar este acordo no Boletín Oficial da provincia de Lugo e no Diario Oficial de Galicia e instar a súa inscrición no Rexistro de ordenación do territorio e planeamento urbanístico de Galicia».

Lugo, 18 de marzo de 2026

O alcalde
P.D. (Decreto 10280/2025)
Jorge Bustos Atanasio
Tenente de alcalde delegado da Área de Urbanismo, Deportes e Xuventude