No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 62, do 1 de abril de 2026, foron publicadas integramente as bases que van rexer a convocatoria para a cobertura dunha praza de administrativa/o da escala da Administración xeral, subescala administrativa, grupo C, subgrupo C1, incluída na oferta de emprego público do Concello de Cuntis de 2024.
O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases da convocatoria.
Cuntis, 7 de abril de 2026
Manuel Campos Velay
Alcalde
