DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Xoves, 30 de abril de 2026 Páx. 26223

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cerdedo Cotobade

ANUNCIO de notificación do procedemento de orde de execución relativo á xestión da biomasa.

De conformidade cos artigos 44 e 46.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentouse sen efecto a notificación do acto que se indica por causas non imputables á Administración.

Ao non ser posible a práctica da comunicación a que se refire o número 2 do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, aos titulares das parcelas que se relacionan a seguir, por causas non imputables a esta administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación de xestión da biomasa.

Expediente

Ref. catastral

Polígono/parcela

Localización

Interesado/a

Persoa responsable

1464/2025

36012A041005140000ZW

A Xesteira (Almofrei)

José Antonio Ramón Conde Seoane

1694/2025

36011A050001730000JI

Barro (Cerdedo)

Obdulia Martínez Martínez

2040/2025

36012A056005250000ZQ

A Costa (Borela)

Sara Gamallo Martínez

2154/2025

36012A041004650000ZM

Pazos (Borela)

Ernesto Troitiño Fentanes

2255/2025

36011A070000060000JU

36011A070000070000JH

Limeres (Cerdedo)

Adelaida Cadavid Garrido

2302/2025

36012A003008390000ZW

36012A003008410000ZH

Fontán (San Xurxo de Sacos)

Hros. de José Antonio Miranda Gómez

2388/2025

36012A069002080000ZJ

Pazos (Borela)

Hros. de Lidia García Simal

403/2026

36011A034017880001KL

36011A034017880001JK

Framil (Parada)

Victorino Pena Cosme

En virtude do que antecede, comunícaselles que nas referidas parcelas se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, dispoñen dun prazo máximo de quince (15) días naturais para o cumprimento voluntario para xestionar a biomasa nas parcelas citadas, que se iniciará o día seguinte ao da recepción desta notificación.

Publícase este anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), no Diario Oficial de Galicia (DOG) e no taboleiro de anuncios do Concello, para que lles sirva de notificación ás persoas interesadas, e para este fin comunícaselles que tanto a notificación como o expediente se encontran á súa disposición no Concello de Cerdedo Cotobade (A Chan-Carballedo, 11, Pontevedra). Igualmente, poderán acceder a través da sede electrónica desta entidade.

O artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece que cando non se poida determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ou resulte infructuosa, a notificación da comunicación se efectuará mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios do Concello dos datos catastrais das parcelas.

O artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, posibilita este concello para a execución subsidiaria en caso de incumprimento dos traballos de xestión de biomasa, e os custos repercutirán ás persoas responsables.

O artigo 22.6 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece a obriga das persoas responsables de facilitarlles os necesarios accesos ás entidades responsables dos traballos de xestión da biomasa, que non requirirán de ningunha autorización para a execución subsidiaria da xestión da biomasa nas redes de faixas de xestión.

Cerdedo Cotobade, 7 de abril de 2026

Jorge Cubela López
Alcalde