De conformidade co disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación (por dúas veces) do trámite de audiencia ditado pola xefa da Área Provincial de Turismo da Coruña no enderezo da persoa interesada sen que esta se puidese realizar, notifícaselle o trámite de audiencia á persoa citada no anexo emprazándoa para que, no prazo de dez (10) días contados a partir do día seguinte á data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poida efectuar as alegacións que xulgue oportunas e/ou compareza, persoalmente ou mediante unha persoa debidamente acreditada, na Área Provincial de Turismo da Coruña (rúa Vicente Ferrer, 2, 2º, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, para coñecer o contido íntegro do documento.
A Coruña, 16 de abril de 2026
Ana T. Cimas Hernando
Xefa da Área Provincial de Turismo da Coruña
ANEXO
Establecemento: vivenda de uso turístico Norai.
Titular: Antonio Riera Riera.
Enderezo: rúa Igrexa, 24, 3º.
Concello: 15113 Malpica de Bergantiños.
