DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Luns, 4 de maio de 2026 Páx. 26450

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 15 de abril de 2026, da Zona Centro, polo que se abre o prazo de presentación de solicitudes da convocatoria pública para a utilización de departamentos no dominio público portuario de Lorbé.

Ao quedaren dispoñibles departamentos no dominio público portuario de Lorbé, ábrese a convocatoria pública para a súa ocupación, no prazo de vinte (20) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 63 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de diciembre), para que as persoas e entidades interesadas poidan presentar a súa solicitude. Segundo o establecido no prego das bases da convocatoria, en todo caso deberán acreditarse a data e hora de presentación da solicitude. A documentación está dispoñible na web www.portosdegalicia.com

A documentación deberá presentarse obrigatoriamente por vía electrónica, de acordo cos artigos 14.2 e 68.4 da lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e da Lei 4/2019, de administración dixital de Galicia, empregando o modelo con código IF500B, regulado na Resolución do 17 de novembro de 2020 pola que se aproba o procedemento de autorización de ocupación de dominio público portuario en portos dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia dentro do prazo establecido, e que en caso contrario non será admitida, e deberá emendarse a súa presentación e tomarase como data de presentación a da emenda, co risco, no caso de trámites sometidos a prazos preclusivos, de que perdan o dereito ao trámite ou mesmo o dereito ao seu favor que, de ser o caso, poidan ter obtido, no marco do procedemento que se trate.

A Coruña, 15 de abril de 2026

Lorena Solana Barjacoba
Xefa da Zona Centro de Portos de Galicia