DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Luns, 4 de maio de 2026 Páx. 26451

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 14 de abril de 2026, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo que se tramita no Tribunal de Instancia, Sección do Contencioso-Administrativo, praza número 2 de Ourense, procedemento abreviado 62/2026.

No Tribunal de Instancia, Sección do Contencioso-Administrativo, praza nº 2 de Ourense, tramítase o recurso 62/2026 (procedemento abreviado), interposto por Rubén Manrique Castrillo contra a desestimación por silencio administrativo do recurso extraordinario de revisión formulado o 21 de marzo de 2025 contra a Resolución do 11 de marzo de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se estima parcialmente o recurso de reposición interposto contra a Resolución do 26 de decembro de 2024, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan os procesos selectivos para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario sanitario e de xestión de servizos, convocados mediante as resolucións do 14 e 15 de decembro de 2022, relativos á baremación definitiva da fase de concurso e á publicación dos/das aspirantes seleccionados/as (DOG núm. 251, do 31 de decembro) (categoría: enfermeiro/a especialista en enfermaría familiar e comunitaria).

O recorrente non esta de acordo coa puntuación obtida na epígrafe de experiencia.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no tribunal como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 14 de abril de 2026

María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos